inicio


Castelán Galego
Cooperativismo
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave


  Cooperativas de Galicia 

Inicio
As Cooperativas  |  Persoas que a Forman  |  Os Seus Órganos Socias  |
  O seu Réxime Económico   | A súa Constitución   | As Medidas de Apoio   | 
Direccións de Utilidade   | Descargas  

Financiamento

Para formar unha cooperativa os socios deben achegar os recursos económicos necesarios para comezar a actividade empresarial, por sí mesmos, a través das achegas ao capital social ou por medio doutras fontes de financiamento tanto internas como externas.


Capital social

O capital social estará integrado polas achegas obrigatorias e voluntarias dos socios. O capital social dunha cooperativa é por definición variable, debido ao principio de libre adhesión e baixa voluntaria dos socios. Os estatutos, non obstante, deben fixar o "capital social mínimo" co que pode constituírse e funcionar a cooperativa, e que sera como mínimo 3.005,06 euros e deberá estar totalmente desembolsado.


Achegas dos socios

a) Achegas obrigatorias.
Os estatutos deben de fixar a achega obrigatoria mínima, tendo que desembolsarse, polo menos, o 25% dela para adquirir a condición de socio e o resto na forma e prazos previstos polos estatutos ou pola asemblea xeral.


b) Achegas voluntarias.
A asemblea xeral poderá acordar a admisión de achegas voluntarias ao capital social. O importe total das achegas de cada socio deberá ser inferior ao 50% do capital social podendo ser en moeda ou, se os socios así o deciden, consistir en bens e dereitos.

Os estatutos, poden determinar se as achegas obrigatorias desembolsadas ao capital social renden ou non xuros, que en ningún suposto poderán exceder en máis de tres puntos o tipo de xuro legal do diñeiro. No caso das achegas voluntarias o xuro non poderá exceder do legal do diñeiro en seis puntos.

Os estatutos regularán o reembolso das achegas en caso de baixa do socio, de acordo coas normas contidas na Lei de cooperativas de Galicia.


Financiamentos que non integran o capital social
  • Poderanse establecer cotas de ingreso ou periódicas que non serán reintegrables. O importe das cotas de ingreso dos novos socios non poderá ser superior ao 50% da súa achega obrigatoria ao capital social.
  • A asemblea xeral poderá acordar a admisión de financiamento voluntario polos socios baixo calquera modalidade xurídica e co prazo e condicións que se establezan no propio acordo.
  • As cooperativas, previo acordo da asemblea xeral, tamén poderán emitir obrigas, títulos participativos e contratar contas en participación.
  • Os bens entregados polos socios para a xestión cooperativa e os pagos para a obtención dos servizos cooperativizados, non integran o capital social nin o patrimonio da cooperativa e suxeítanse as condicións fixadas e contratadas coa cooperativa, e non poden ser embargados polos acreedores sociais.

Anticipos societarios


Os socios traballadores e de traballo percibiran periódicamente, e nun prazo non superior ao mes, anticipos societarios en contía similar ás retribucións na zona e sector de actividade, segundo as súas categorias profesionais. Este anticipo non poderá ser inferior ao salario mínimo interprofesional, en cómputo anual, tendo en conta a xornada laboral realizada dentro da legalidade vixente.



Aplicación dos resultados

Os excedentes netos do exercicio económico aplicaranse aos seguintes fins:
  1. Ao fondo de reserva obrigatorio, destinado a actividades de consolidación, desenvlvemento e garantía da cooperativa, deberá destinarse un mínimo do 20% dos excedentes.
  2. Ao fondo de formación e promoción cooperativa, destinado a actividades de formación, promoción profesional e das relacions intercooperativas, deberá destinarse como mínimo o 5% dos excedentes.

O retorno cooperativo, ou participación dos socios nas ganancias da sociedade, acreditarase aos socios en proporción ás operacións, actividades ou servizos realizados por cada un na cooperativa, en ningún suposto en función das achegas do socio ao capital social.

Así mesmo, os excedentes dispoñibles pódense aplicar, no seu caso, á participacion dos traballadores asalariados nos resultados, así como a incrementar os fondos obrigatorios ou a crear fondos de reservas voluntarios de libre disposición.



Beneficios fiscais

As sociedades cooperativas teñen recoñecidos unha serie de beneficios fiscais recollidos, fundamentalmente, na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre réxime fiscal das cooperativas (BOE 20-12-1990).

Estes beneficios afectan os seguintes impostos:
  • Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
  • Imposto sobre sociedades.
  • Imposto sobre actividades económicas.
  • Imposto sobre bens inmobles.

En cada caso coas condicións e nos supostos previstos legalmente. Existe un dobre nivel de proteción:
  • Cooperativas protexidas: Aquelas que se axusten os principios e disposicións da Lei de cooperativas de Galicia e non incorran nalgunha das causas de perda desta condición previstas na Lei 20/1990.
  • Cooperativas especialmente protexidas: As cooperativas protexidas poden acadar un segundo nivel de protección, sempre e cando cumpran unha serie de requisitos e pertenezan a algunha das clases indicadas pola lei fiscal (traballo asociado, agrarias, etc...).


Responsabilidade polas débedas sociais

Os socios responderán das débedas sociais só ata o límite das súas achegas subscritas ao capital social, estean ou non desembolsadas na súa totalidade.



 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE