Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



descarga dende aquí un Diccionario de termos económicos, que che pode ser de axuda.



Unha vez que as Emprendedoras teñen moi ben estudiado os servizos que van prestar, e ter cuantificado cales van ser as previsións de venda, deben escomenzar a dar resposta a cómo traducir esas ilusións, ideas, obxectivos e previsións en realidades. ¿Qué infraestructura precisamos para por en marcha a empresa? ¿Canto diñeiro necesitamos para levar a cabo o negocio? ¿Onde podemos obter ese diñeiro? ¿Cándo a vamos ter que adquirir o equipamento –periodificar-? ¿Que gañaremos a cambio?.

seguir o contido desta historia





Toca facer números. Cando as nosas protagonistas se decidiron a montar a empresa, tiñan claro que ía ser preciso desenvolver o Plan de investimento, é dicir, definir o conxunto de recursos técnicos e materiais que se precisan para por en funcionamento a empresa.

seguir o contido desta historia



Financiar a empresa é dotala de diñeiro ou de crédito suficente para facer fronte os pagos derivados dos investimentos e da xestión corrente. No caso dunha cooperativa débemos facer fronte ó reto do financiamento con distintas alternativas: aportacións propias, socios colaboradores, entidades de garantía recíproca, negociación con entidades financeiras, microcréditos, etc.. E tratar de superar a dificultade engadida de ser unha empresa de nova creación. De calquera xeito as nosas protagonistas non van permitir que os primeiros atrancos económicos as desmoralicen porque cunha unha boa idea debemos reunir os medios financeiros necesarios para levala adiante, e pensar que o capital non é máis que un instrumento.

seguir o contido desta historia



As promotoras deste proxecto, comezan a comprender que a nivel empresarial deben entender e diferenciar, dous momentos na vida dunha empresa, por unha banda o nacemento e desenvolvemento da idea, onde traballamos con previsións de futuro, pendentes de que se dean unha serie de condicións e expectativas, o que sería o desenvolvemento do proxecto. E por outra banda, a empresa en funcionamento, unha vez estudiada a viabilidade do proxecto, e decidido o inicio da actividade, a información económica-financeira deixa de ser previsional a pasa a ser real, informando do que está a acontecer na cooperativa, mediante a contabilidade.

seguir o contido desta historia



Pilar, Ana e Carme estanse empapando de terminoloxía económico-financeira e contable. Algunhas cousas se lles escapan , porque non están acostumadas, pero saben que as contas son importantes e que deben esforzarse para no futuro non levar algún susto. Xa é bastante duro o proceso de posta en marcha para logo ter que improvisar cando vemos que non chegamos a fin de mes. Polo menos ter as cousas claras desde o inicio.

seguir o contido desta historia

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com