
A planificación do investimento, vainos acercando a realidade da empresa e a verdadeira dimensión do proxecto, ademais de ser un bo indicador para saber se a empresa vai cumprindo ou non o planificado, e no caso de existir desviacións coñecer o seu porque.
Cando se fai o cálculo do que unha empresa vai necesitar para levar adiante a sua actividade sempre aparece un problema ¿Como se vai financiar ese activo?. Normalmente diante dunha empresa en constitución onde os seus promotores non contan con moito capital, téntase, con moi bo criterio, axusta-los investimentos ó máximo posible e facer que estes desembolsos sexan os xustos para permiti-lo o funcionamento da actividade. Sen embargo en moitas ocasións esquécese que a organización ademais dos investimentos, necesita un volume de diñeiro efectivo que lle permita facer fronte ós seus compromisos ata que se cobren os primeiros servizos (capital circulante). O que no Plan de investimento se chama tesourería.
Sería moi interesante, coñecer de que equipos dispón a competencia, porque as veces hai elementos do investimento, que se converten en avantaxes competitivas, no noso caso podería ser un monobus para desplazar os nenos, ou ter nos locais equipos informaticos onde ademais de xogos se oferte formación, etc.
Tódolos acordos da cooperativa, deben estar documentados e os de tipo económico sen dúbida, polo que debemos prestar especial atención a estes documentos -facturas ou escrituras de compra-venda-, que van explicitar a propiedade da empresa, ademais de garantir que, caso de ter que realizar algunha reclamación ou esixir garantías, non teñamos problemas.
Unha vez en funcionamento a empresa, e transcurrido un tempo mínimo dun ano, debemos periodicamente respostar ó seguinte, co obxecto de procurar a mellora continua e a eficiencia dos investimentos;
- ¿Contamos cos edificios, as instalacións e o mobiliario adecuado en canto a condicións de habitabilidade, disponibilidade, estado de conservación,etc...?
- ¿Contamos cos recursos materiais necesarios e adecuados para o desenvolvemento dos nosos servizos en cantidade, calidade e oportunidade?
- ¿Facemos un uso eficiente das máquinas e equipos, en canto a capacidade e rendemento?
- ¿Se deseñan e xestionan axeitadamente as políticas e plans de investimento?
|