Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento


Capítulos previos para chegar ata aquí:
Iniciativa
Motivación e compromiso
O proxecto de viabilidade
Área produto-mercado
Área de organización
Área económico-financeira
Conclusións
Este apartado constitúe a última parte do proceso de guía dos contidos, e conveniente que previamente consulte os capítulos anteriores da publicación.


A nosa historia está a rematar. Ou mellor dito, está a piques de comezar. Só rematamos unha etapa, a do planeamento previo. Agora queda ó verdadeiro viaxe, o verdadeiro traballo: ir cubrindo etapas para facermos da nosa idea unha realidade empresarial de traballo compartido, eficiente desde o punto de vista organizativo, económico e que permita a creación de postos de traballo e a xeración de riqueza.



Pilar Pilar: “Creo que mereceu a pena o esforzo. Agora xa sabemos cara donde queremos camiñar, cales son os obstáculos que teremos que solventar e cales as oportunidades.”
Carme Carme: “Sí, agora témonos que poñer as pilas para conquerir o financiamento necesario, para captar clientes e para empezar a traballar duro. A verdade é que estou moi ilusionada”
Ana Ana: “Eu creo tamén que fixemos un bo traballo. Eu polo menos teño moito máis claro que cando empezabamos todo o que ten que ver co proxecto. Así que ánimo que temos pouco que perder e moito que gañar”




O longo de todo o manual temos ido explicando os principais aspectos que teñen que ver coa viabilidade dun proxecto cooperativo, desde a triple verquente: mercado, organizativa e económico-financeira.

Temos aportado ferramentas para a elaboración dun plan de empresa e acompañamos ás nosas protagonistas no seu recorrido. Chegados a este punto, só a elas (promotoras) corresponde o reto de asumir ou non o risco que representa por en marcha a idea.

A viabilidade nunca se expresa en termos absolutos, xa que depende dunhas condicións previas analizadas e éstas poden cambiar, sen embargo contamos cun factor moi importante “o coñecemento previo das variables que conforman o proxecto”.

A continuación preséntase en anexos o plan de empresa que Pilar, Ana e Carme teñen ido confeccionando ó longo de todo este tempo. Tamén un listado de entidades e recursos de interese que teñen visitado para conseguir información e asesoramento.

Só nos resta, desde aquí desexarlles todo o ánimo e a sorte do mundo na súa aventura empresarial cooperativa.

¡¡O FUTURO ESTÁ POR FACER E NAS NOSAS MANS!!.
 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com