Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento


Estas son as protagonistas que nos acompañaran nos capítulos do documento.
 
Pilar, 23 anos

Ana, 32 anos


Carme, 22 anos

 
¿ Como empregar esta publicación ?
Este manual conta a historia de tres persoas que decidiron asumir o reto de emprender, de poñer en marcha as súas ideas, conscentes de que a única idea boa é a que se converte en acción.

Nos capítulos acompañámolas nese proceso de creación e posta en marcha dun proxecto de autoemprego colectivo en rexime de cooperativa, como fórmula de emprendemento en “solidario” fronte os que deciden emprender en “solitario”.

Con elas repasamos os principais factores que se deben ter en conta con carácter previo á posta en marcha dunha iniciativa empresarial cooperativa, especialmente no planeamento previo e na análise da viabilidade.

Cada capítulo do manual estructúrase en tres apartados básicos, do seguinte xeito:


Onde se poñen de manifesto, de xeito breve, as diferentes situacións e se pon ós/ás lectores/as en antecedentes.

Na propia voz das protagonistas se recollen as súas inquedanzas, dúbidas e decisións, non demasiado diferentes dos de calquera persoa emprendedora.

A través das opinións e suxerencias da equipa técnica que redactou o manual, trátase de respostar as dúbidas e establecer os criterios de actuación que podan levar a idea a bo porto.


Xunto a esta estructura básica, cadros, gráficos e aclaracións diversas nas que se trata de ofrecer guías e ferramentas útiles.

Finalmente preséntase o plan de empresa ou proxecto de viabilidade rematado das protagonistas co obxecto de proporcionar modelos de referencia.

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com