
Como xa apuntábamos, debemos facer un esforzo por estudiar as necesidades da empresa nun horizonte temporal minimo de cinco anos, traballar con escenarios futuros pero realistas.
- Primeiro debemos facer un listado de todo o que precisamos, definindo as características que lle vamos a esixir,
- En segundo lugar a visiita a varios proveedores solicitando presupostos e condicións,
- Por último contrastar e decidir entre as distintas ofertas en base a calidade, prezo, e facilidade de pago.
Con isto, estamos decidindo qué elementos productivos deben estar presentes e que disponibilidade monetaria é precisa para a súa adquisición. Neste sentido o proxecto de investimento esta emparexado co de financiamento, considerados como as dúas caras da mesma moeda. No que se refire a compra do local, sería aconsellable os primeiros anos ata asegurar a viabilidade da empresa escomenzar co aluguer e logo estudiar a compra de instalacións propias.
|