Ir á axuda
 
Cómo empregar esta publicación
 
Material de utilidade
 
Documentos de interese
 
Mapa de contidos da publicación
PDF da publicación de Ideas Cooperativas
Plan de empresa resultado final
Guía de Trámites de constitución
Listaxe de recursos
 
Ir ó páxina principal Capítulos do contido Anexos do documento Conclusións Autores do documento



voltar á paxina principal do capítulo



As promotoras deste proxecto, comezan a comprender que a nivel empresarial deben entender e diferenciar, dous momentos na vida dunha empresa, por unha banda o nacemento e desenvolvemento da idea, onde traballamos con previsións de futuro, pendentes de que se dean unha serie de condicións e expectativas, o que sería o desenvolvemento do proxecto. E por outra banda, a empresa en funcionamento, unha vez estudiada a viabilidade do proxecto, e decidido o inicio da actividade, a información económica-financeira deixa de ser previsional a pasa a ser real, informando do que está a acontecer na cooperativa, mediante a contabilidade.





Pilar - Pilar: “¿Qué outras previsións debemos analizar?
Carme - Carme: “Sí, debemos estudiar e facer unha previsión de tódolos gastos e ingresos que vai ter a cooperativa, e tamén nos aconsellan que a fagamos a cinco anos. “
Ana - Ana: “Eu creo que o máis importante seria coñecer se a cooperativa vai obter ganancias ou perdas.”



A información económica-financeira, que nos van proporcionar os Estados Contables, van ser imprescindibles para valorar a viabilidade e rentabilidade do proxecto. Para elo debemos establecer as oportunas previsións anuais da Conta de Resultados, do Estado de Tesourería ou Cash-Flow e do Balance de Situación, razoando o importe de cada partida. Ó tempo que se indicará o xeito de cobro e pago previsible nos conceptos de facturación.

A conta de resultados ou conta de perdas e gaños, analiza as partidas de ingresos e gastos e por diferencia se obteñen as ganancias ou as perdas. Débese prever o desgaste do activo fixo, que serían os mobles, vehículos, equipos informáticos, etc.. Esa depreciación que é en realidade outro  gasto chámase amortización.

A tesourería, pola súa banda analiza as entradas e saídas efectivas de diñeiro, é dicir os cobros e os pagamentos. A súa análise resulta fundamental porque pódese dar o caso de ter unha previsión de resultados positivos e en cambio ter problemas de tesourería. Por exemplo: as facturas de clientes ou as subvencións aínda non cobradas constitúen un ingreso pero non un cobro. Do mesmo xeito as partidas pendentes de pago constitúen un gasto pero non un pago.

A Conta de Resultados obtense a final de cada ano, e é importante, porque através dela sabemos se a empresa vai xerar beneficios ou perdas e se estes se producen pola actividade normal ou extraordinaria. Esto sería a diferencia dos ingresos menos os gastos.
Nun primeiro momento, é necesario desenvolver as previsións de vendas que a empresa realizará, baseándose para isto nunha serie de datos (enquisas, competencia,...), tal como se fixo no estudio de mercado. Do mesmo xeito, débese facer a previsión das subvencións que a empresa obterá, así como de calquer outro tipo de ingresos da empresa.

Compre, deseguido, enumerar tódolos gastos (fixos e variables) que a empresa soportará na súa actividade ordinaria: gastos de estructura, fabricación, distribución, administración, complementarios, etc. E de esperar, que para que tomedes a decisión de montar a empresa, a Conta de Resultados do Proxecto debería arroxar beneficios de explotación cando menos a partir do terceiro ano e resultado neto positivo a partir do quinto, xa que e necesario para que comence a cubrir os pagos do investimento. De non  ser así deberíamos pararnos a pensar se  vale a pena constituir a empresa, xa que está a indicar falla de viabilidade. Outra solución é tratar de modificar o proxecto ou algunha das súas estratexias. As veces unha retirada a tempo é unha victoria,

 
 
Ideas Cooperativas en Acción © www.cooperativasdegalicia.com