+ Propostas prácticas sobre a lección 2: Queres ser tamén ti un "animal cooperativo"?
Agora facede vós o mesmo. Escollede unha das seguintes suxestións, realizádea, e contade como foi o proceso de elaboración:
- Unha viaxe de estudos
- Creación dunha páxina web
- Festival de fin de curso
- Programa de radio
- Organización dun campionato deportivo
- Obra de teatro
- Elaboración dun xornal.
Se facedes clic aquí, teredes unha serie de consellos de como seguir os pasos axeitados e facelo correctamente.