Para identificar unha verdadeira actividade cooperativa podemos observar se cumpren os valores cooperativos, que son os seguintes:
- AXUDA MÚTUA: a cooperativa debe favorecer que as persoas asociadas colaboren na resolución dos problemas das outras persoas.
- DEMOCRACIA: as decisións tómanse de maneira conxunta e coa participación activa de todo o mundo.
- EQUIDADE: debe existir un reparto xusto e proporcional aos asociados á cooperativa.
- IGUALDADE: todos os membros da cooperativa gozan dos mesmos dereitos.
- RESPONSABILIDADE: as persoas asociadas teñen o compromiso de cumprir coas súas obrigas.
- SOLIDARIDADE: as persoas que forman parte dunha cooperativa teñen a obriga moral de non abandoar aos outros e axudalos.
As cooperativas son empresas que seguen os valores cooperativos que xa coñeces, e buscan o beneficio económico dos seus membros. Hai outras institucións que, ainda que non son cooperativas, comparten moitos dos seus valores.
Coa axuda do teu mestre ou mestra, visita a páxina web dalgunha destas institucións e contesta estas preguntas:
- Que semellanzas atopas entre as cooperativas e as institucións que tes a continuación?
- Persiguen os valores cooperativos mencionados anteriormente?
- Que teñen en común entre sí?
|