DECÁLOGO DA SUPERACIÓN DOS CONFLITOS DO TRABALLO EN GRUPO
O traballo en grupo pode ser fonte de conflitos e controversias, para que as controversias teñan efectos construtivos procura que:
- A información da que dispoñan para realizar as tarefas sexa o máis relevante posible.
- Estean motivados para realizar a tarefa ou resolver o problema que se lles propón.
- A tarefa ou problema que se lles propón estea dentro das súas capacidades intelectuais.
- Cando o alumnado teña unha discrepancia non atribúa a orixe da mesma á incompetencia ou á falla de información dos opoñentes.
- Teñan unha información suficiente, tanto en volume como en calidade, para a resolución do problema ou da tarefa proposta.
- Cando xurda unha controversia os opoñentes sexan capaces de relativizar o seu propio punto de vista e de adoptar a perspectiva dos demais.
- Coñezan as perspectivas teóricas que están na base da problemática sobre a que están a traballar.
- Os grupos non sexan excesivamente heteroxéneos pois, maior será a probabilidade de que xurdan conflitos e controversias.
- A situación de traballo sexa o máis cooperativa posible, pois está estudado que nesas situacións, cando se produce unha controversia son maiores os seus efectos construtivos.
- Exista unha boa comunicación entre os opoñentes e contribúe a establecer un clima de aceptación e axúdalles na busca de puntos de contacto entre posturas contrapostas.
|