PrimariaSecundariaF.P.
Guía cooperaTerceiro ciclo de Primaria

Xogamos a ser cooperativos!
1. Identificar traballo cooperativo ou non en deportes

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

2. Actividades nas que as peroas teñen que cooperar

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

3. Identificar ONGs en Galicia

Se hai unha maneira de realizar un traballo cooperativo e soliderario e colaborar cunha organización non gobernamental, máis coñecidas polas súas siglas ONG. Moitas delas están orientadas á defensa da infancia.

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

  • Aldeas Infantís SOS: É unha organización internacional de axuda á infancia. O seu obxectivo principal é integrar familiar e socialmente á infancia desamparada procurando que se sintan cidadáns válidos para a sociedade. Entre os seus proxectos principais están unha escola de nais, centros de día, pisos asistidos, servizos de atención á infancia, escolas infantís, programas con familias, etc
  • Pallasos sen fronteiras: É unha organización de ámbito internacional que persigue un dobre obxectivo: Mellorar a situación psicolóxica da poboación dos campos de refuxiados e zonas en conflito, mediante as actuacións de artistas e obradoiros socioeducativos e ao mesmo tempo sensibilizar á sociedade sobre a situación das poboacións afectadas e promover actitudes solidarias.
  • Ayuda en Acción: O seu obxectivo fundamental é mellorar as condicións de vida da infancia, as familias e comunidades en países e rexións pobres por medio de proxectos estables que produzan cambios estruturais nos lugares onde desenvolven as actuacións, que é en preto de 20 países.
  • Cruz Roja Española: O seu obxectivo fundamental é a defensa dos dereitos humanos e a axuda ás vítimas en situacións de conflito, accidentes ou catástrofes, polo que se dirixe a todos os colectivos de idade. Ademais da súa intervención en emerxencias tamén ten programas contra a pobreza, para mulleres con dificultades, reclusos ou mellora do Medio Ambiente. Hai unha delegación en cada provincia, ademais de moitas asembleas locais.
  • Save the Children: O seu obxectivo é defender os dereitos dos nenos e nenas no marco da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos do Neno, promovendo medidas lexislativas que favorezan o cumprimento destes dereitos. Para isto realizan atención domiciliaria social e educativa aos nenos e nenas enfermos ou con carencias económicas, sociais ou culturais.
  • Fundación Intermon Oxfam: Traballa con persoas de países subdesenvolvidos de América do Sur, África e Asia, o seu obxectivo fundamental e a eliminación da pobreza, promovendo a solidariedade, fomentando o comercio xusto, denunciando as causas da pobreza e actuando en emerxencias.
  • Fundación Meniños: Organización sen ánimo de lucro que traballa polos dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, intervindo directamente coa infancia a nivel educativo, no acollemento e nas adopcións e apoiando ás familias en grave dificultade.

Agora, coa axuda do teu mestre ou mestra, visita a páxina web dalgunha delas e coñece cales son as súas principais actividades, a súa maneira de organizarse e en que países desenvolve o seu labor. Gustaríache formar parte dalgunha delas?

Consello Galego de CooperativasXunta de Galicia

Copyright 2008 | O Cooperativismo na Escola
www.cooperativasdegalicia.com/educacion