
|
FICHA TÉCNICA:
Dirección: Gary Chapman.
País e ano: Reino Unido, 2005
Duración: 79 min.
Xénero: Animación, comedia, acción.
Dobraxe orixinal/español: Ewan McGregor/Paco León (Valiant), Ricky Gervais/Florentino Fernández (Bugsy), John Cleese/José Luis Gil (Mercury), Tim Curry/Ramón Langa (General Von Tuerten), John Hurt/Julio Nuñez (Félix), Jim Broadbent/Salvador Aldeguer (Sargento), Hugh Laurie/Luis Bajo (Capitán Valor), Olivia Williams/Mar Bordallo (Victoria).
Guión: George Webster; baseado nun argumento de Jordan Katz, George Webster e George Melrod.
Produción: John H. Williams.
Música: George Fenton.
Montaxe: Jim Stewart. |
SINOPSE:
Na Segunda Guerra Mundial houbo uns protagonistas anónimos que lograron salvar moitas vidas: tratábase de animais (cans, gatos, e, sobre todo, pombas mensaxeiras). Por ese motivo, en 1943 creouse a medalla Dickin para render homenaxe aos actos de valentía destes animais. Dita medalla, que se coñecía como “Cruz Vitoria”, chegou a ser entregada a un total de 53 animais!
Valiant é unha pombiña que quere alistarse no exército británico para loitar contra a ameaza nazi. Xunto con catro compañeiros, forman o escuadrón F, encargado de levar unha mensaxe ata a Francia ocupada, e regresar cunha resposta a casa.
A película representa unha vitoria do traballo dun equipo que une os esforzos de cada membro para conseguir os seus obxectivos.
ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO VISIONADO:
- O Escuadrón F está formado por individuos moi diferentes entre si. Isto é o que fai que o traballo en equipo sexa máis interesante. Serías quen de describir como é cada un deles?. Se queres un pouco de axuda, fai clic aquí.
- Na película vemos como un grupo de individuos se unen para loitar contra un inimigo común. Na túa vida terás coñecido situacións nas que as persoas teñen que cooperar unhas coas outras para combater unha ameaza común: incendios, desastres ecolóxicos, vertidos nas praias. Conta algunha experiencia que saibas de alguén a quen coñeces.
- Apetéceche saber como soan as voces orixinais da película? Visita o tráiler da película facendo clic aquí
SABÍAS QUE...?
- O director da película tamén recibiu una medalla Dickin (en realidade, era unha copia), por parte do Servizo Real de Pombas Mensaxeiras, en recoñecemento ao seu labor divulgativo.
- Das 5 medallas Dickin, 18 foron concedidas a cans, 3 a cabalos, 1 a un gato, e 31 a pombas!!
|