PrimariaSecundariaF.P.

Historia do Cooperativismo

Suxestións de actividades de tipo grupal ou cooperativo

A continuación presentamos unha serie de técnicas que se agrupan entre as denominadas técnicas nas que interveñen expertos. Para realizar estas técnicas co alumnado teremos que definir claramente o tema de debate ou discusión, darlles orientacións para a busca de información e permitirlles o tempo suficiente para prepararse.

Posteriormente teremos que organizar o espazo da aula para permitir un bo desenvolvemento de cada unha das técnicas e finalmente prever o tempo necesario para desenvolvelas.

 

O PANEL DE EXPERTOS
Número de persoas que participan: Entre 4 e 6 persoas.
Preparación previa: Si.
Papel do coordinador: Dirixir a discusión, reconducíndoa cando os participantes se desvíen do tema central ou introducir novas cuestións cando decae o ritmo do debate.
Dinámica: Non presentan posturas antagónicas senón complementarias, e debaten de forma distendida e dialogada.
Observacións: Para esta técnica é preferible seleccionar persoas con facilidade de palabra que saiban expoñer claramente as súas ideas, podendo utilizar outras técnicas cando queiramos darlles participación ás persoas menos faladoras ou máis tímidas.

A MESA REDONDA
Número de persoas que participan: Entre 4 e 6 persoas.
Preparación previa: Si.
Papel do coordinador: Dirixir a discusión, reconducíndoa cando os participantes se desvíen do tema central ou introducir novas cuestións cando decae o ritmo do debate.
Dinámica: As persoas que interveñen presentan posturas contrapostas, intervindo para rebater as posturas presentadas, cando non se coincide coas mesmas.
Observacións: Para esta técnica é preferible seleccionar persoas con facilidade de palabra que saiban expoñer claramente as súas ideas, podendo utilizar outras técnicas cando queiramos darlles participación ás persoas menos faladoras ou máis tímidas.

O SIMPOSIO
Número de persoas que participan: Entre 4 e 6 persoas.
Preparación previa: Si.
Papel do coordinador: Dirixir a discusión, reconducíndoa cando os participantes se desvíen do tema central ou introducir novas cuestións cando decae o ritmo do debate.
Dinámica: As persoas participantes presentan puntos de vista complementarios sobre unha mesma cuestión e non contrapostos, de maneira que cada persoa fai a súa contribución cando llo solicita aquela que modera, sen establecerse debate nin discusión entre os diferentes intervenientes.
Observacións: Para esta técnica é preferible seleccionar persoas con facilidade de palabra que saiban expoñer claramente as súas ideas, podendo utilizar outras técnicas cando queiramos darlles participación ás persoas menos faladoras ou máis tímidas.

O FORO
Técnica que pode complementar calquera das anteriores e consiste en abrir ao gran grupo a posibilidade de intervención, permitindo que se fagan preguntas, matizacións ou comentarios ás persoas que interviñeron de forma máis directa na dinámica. Se o grupo se mostra remiso a intervir nun primeiro momento, pode o moderador comezar realizando as primeiras preguntas. Cando rematen todas as quendas de preguntas e respostas o moderador pode facer unha síntese das principais contribucións que se fixeron.


Consello Galego de CooperativasXunta de Galicia

Copyright 2008 | O Cooperativismo na Escola
www.cooperativasdegalicia.com/educacion