SINOPSE DA PELÍCULA E CONTEXTO HISTÓRICO
Na Francia do século XIX, o xoven Ethienne Lautier, tras estar en paro durante un tempo,
atopa traballo en Montsou, unha colonia mineira do norte. O nobre Maehu é quen lle busca o posto e un lugar onde aloxarse. O día a día da mina amosa a mísera existencia dos traballadores, así como as deprimentes relacións sociais das clases obreiras.
Todo isto contrasta co benestar dos accionistas da empresa que explota a mina, polo que as continuas desgrazas dos asalariados rematan nunha folga, e non intento de iniciar os movementos organizativos obreiros.
A novela de Emile Zola na que se basea esta película pretende mostrar unha Francia dividida entre o extremismo dunha dereita nacionalista, de corte antisemita e tendenzas autoritarias, e por outro lado unha opción liberal de conviccións democráticas e republicanas, defensora do Estado de dereito e dos dereitos fundamentais do Home.
Con esta obra, Zola (e Claude Berri) denuncia unha realidade social: a dunhas persoas que, como moitas da súa condición, se extenúan traballando en medio dunha terrible frustración. Todo o que se considera “humano” (os soños de xuventude, a procura do amor, a harmonía familiar) se estrela contra a realidade cruel da explotación laboral. É entón cando a folga e os intentos de asociacionismo brotan para intentar mudar a penosa situación na que todos se atopan inmersos.
Se queres saber máis sobre Emile Zola ou sobre os movementos asociativos obreiros, visita estas ligazóns:
Emile Zola
Asociación Internacional dos Traballadores |