PrimariaSecundariaF.P.

Historia do Cooperativismo

Actividade 1: Tipos de cooperativas

Descobre os diferentes tipos de cooperativas que existen pasando o rato por riba de cada un dos círculos que conteñen un número.


Actividade 2: Webquest, rastrexando na rede

Como puideches comprobar, existen cooperativas dedicadas a actividades moi diversas. Unhas ofrecen unha serie de servizos, mentres que outras comercializan uns produtos. Hai incluso asociacións que engloban ás cooperativas dos diferentes sectores.

Visita as seguintes ligazóns, e descubre as seguintes informacións:

  • Cales se corresponden con asociacións de cooperativas? Anótaas.
  • Se son de servizos, que ofrecen ao público? Fai unha lista dos diferentes servizos ofertados.
  • Se directamente venden produtos, toma nota da enorme variedade cos que traballan.
  • Elixe a que creas que ten un esquema organizativo máis sinxelo, e a que creas que o ten máis complexo.
  • Se orientases a túa vida profesional cara o mundo cooperativo, cal das seguintes cooperativas sería a ideal para ti?

 


Cooperativas sanitarias.
Cooperativas de seguros.
Cooperativas de crédito.
Cooperativas de servizos sociais: atención á terceira idade. Presta servizos á comunidade para procurar benestar social.
Cooperativas de integración social: centro de reeducación social. Asocian a persoas en risco de exclusión social para prestar servizos.
Cooperativas de ensino: escola de Educación Infantil e Primaria. A súa finalidade é desenvolver actividades docentes.
Cooperativas de vivendas: constitúense para proporcionar vivenda ás persoas seleccionadas.
Cooperativas de explotación dos recursos acuícolas: piscifactoría. Explotan en común os recursos que proporciona o mar.
Cooperativas do mar: asocia a todas as persoas relacionadas cos traballos marítimos.
Cooperativas de transportistas: asocian a propietarios ou traballadores do transporte.
Cooperativas de servizos: ferretería. Non xeran produtos, pero prestan servizos para ás persoas asociadas ou outras.
Cooperativas de consumidores e usuarios: Obteñen bens e servizos para o consumo das persoas asociadas.
Cooperativas de explotación comunitaria da terra: gandeiría. Asocian a persoas que poden aportar terras, maquinaria, instalacións ou traballo.
Cooperativas agrarias: gandeiría, viño e horta. Agrupan a persoas que posúen unha explotación.
Cooperativas de traballo asociado: as persoas que as conforman aportan o seu traballo para producir bens ou prestar servizos.
Consello Galego de CooperativasXunta de Galicia

Copyright 2008 | O Cooperativismo na Escola
www.cooperativasdegalicia.com/educacion