PrimariaSecundariaF.P.

Historia do Cooperativismo
A historia do cooperativismo en Galicia
A historia do cooperativismo en Galiza ten uns antecedentes nas experiencias das confrarías do mundo do mar, pero terá aos seus precursores máis directos en Díaz de Rábago e as primeiras experiencias cooperativas no mundo agrario. Sen embargo pese a que soen citarse estas como as principais precursoras do cooperativismo galego, tamén influirán as iniciativas do mundo obreiro e urbano de Vigo e A Coruña onde aparecerán ateneos e asociacións obreiras ata os anos 20, e mesmo a construción cooperativa en 1921 da cidade-xardín da Coruña.

Con eses antecedentes, os diferentes Congresos de Economía Galega celebrados nese primeiro terzo do século XX, destacarán o valor do cooperativismo como motor da economía galega, valor que nas primeiras propostas estatutarias realizadas por Lois Peña Novo se destaca como elemento identitario de Galiza.

O golpe de estado do xeneral Franco anula estes avances do cooperativismo aparecendo a Lei de cooperativas en 1942 e un ano máis tarde o regulamento que a desenvolvía, e que basicamente supoñen unha intervención do Estado nas estruturas organizativas das cooperativas.

Durante toda a ditadura e ata o comezo dos anos 70 o movemento cooperativo galego se circunscribe a unhas poucas cooperativas agrarias. Só a apertura económica deses anos permitirá que agromen algunhas desas experiencias consolidándose grupos cooperativos de raíz galega como COREN ou LEYMA, deste xeito o cooperativismo no noso país evolucionou ata chegar a unha situación na que destaca polas seguintes características:

  • Os principais sectores laborais que agrupan as cooperativas son, por orde de importancia: a agricultura e a gandería, a industria téxtil, a construción, o comercio e o ensino. As cooperativas dedicadas a estas actividades supoñen os dous terzos das cooperativas galegas.
  • A importancia das cooperativas agrarias dentro do total de cooperativas agrarias, en consonancia co peso do sector na economía galega, e que fundamentalmente están dedicadas á comercialización e/ou abastecemento e servizos das explotacións.
  • A pouca presenza das cooperativas no mundo do mar, tendo en conta a importancia do sector na nosa economía.
  • A importancia das cooperativas téxtiles e de confección, que concentran máis da metade do cooperativismo industrial galego.
  • O pulo recente, das cooperativas da construción, centradas basicamente en actividades auxiliares.
  • O significativo número das actividades no sector educativo.

Como ves en Galiza estase a producir un incremento das cooperativas, pero ¿serías capaz de clasificar as sete cidades galegas segundo o número de cooperativas que ten cada unha?. Asocia cada unha das cidades galegas que aparecen có seu índice no ránking:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Destes datos podemos deducir que as cooperativas dedicadas ao ensino son un grupo significativo dentro das cooperativas de Galiza, este tipo de cooperativas comezaron a constituírse na década dos anos 70, e chegaron ao seu momento de maior extensión vinte anos despois, estando hoxe en día nun momento de reorganización do sector.

As zonas con maior concentración deste tipo de cooperativas son as de Vigo e o seu contorno de influencia e o eixo A Coruña –Ferrol, sendo a provincia que menos cooperativas rexistra a de Lugo.

No ano 1988 constituíuse a U.C.E.T.A.G. (Unión de cooperativas de ensino de traballo asociado de Galicia) e se organiza o seu Primeiro Congreso, para tratar de dar solución aos problemas específicos do sector.

Evolución do movemento cooperativo:

Sitúate enriba de cada ano ou marca cronolóxica para obter máis información.

O mundo cooperativo susténtase nunha serie de valores e principios que rexen o funcionamento destas asociacións.

+ Valores cooperativos
  • Axuda mútua: a cooperativa debe favorecer que as persoas asociadas colaboren na resolución dos problemas das outras persoas.
  • Democracia: as decisións tómanse de maneira conxunta e coa participación activa de todo o mundo.
  • Equidade: debe existir un reparto xusto e proporcionado aos asociados á cooperativa.
  • Igualdade: todos os membros da cooperativa gozan dos mesmos dereitos.
  • Responsabilidade: as persoas asociadas teñen o compromiso de cumprir coas súas obrigas.
  • Solidaridade: as persoas que formen parte dunha cooperativa teñen a obriga moral de non abandoar aos outros e axudalos.
+ Principios cooperativos
  • Adhesión voluntaria: asociarse a unha cooperativa é un acto libre.
  • Autonomía e independencia: as cooperativas non poden ser xestionadas por outros organismos.
  • Compromiso e comunidade: a cooperativa tratará de colaborar no desenvolvemento da sociedade.
  • Cooperación entre cooperativas: unha e outras cooperativas deben compartir proxectos comúns.
  • Fomento da educación: a formación das persoas asociadas é importante para o desenvolvemento da cooperativa.
  • Xestión democrática: o principio de unha persoa un voto é a base do funcionamento das cooperativas.
  • Participación económica: o capital social da cooperativa constitúese coas achegas dos asociados, sendo eles os encargados de administralo.

 


Lei de cooperativias de Galiza.
Transferencia de competencia exclusiva en materia de cooperativas a Galiza.
Publícase a Lei de cooperativas do Estado Español.
Durante toda a década dos 70 prodúcese o pulo do moderno cooperativismo do traballo asociado e agrario.
Constituíuse a Unión de cooperativas de ensino de traballo asociado de Galiza.
Apróbase a Lei de cooperativas da ditadura franquista.
José María Arizmendiarrieta pon en marcha a Cooperativa Mondragón que hoxe en día é unha das máis importantes do mundo.
Prodúcense importantes colectivizacións empresariais cooperativas que foron anuladas tralo golpe de estado e a posterior ditadura.
Primeira lei de cooperativas española.
Os “pósitos de pescadores” funcionaban como auténticas cooperativas en múltiples aspectos: produción, comercialización, seguridade social e mesmo actividades formativas.
Creación en Galiza das “sociedades agrarias” , como organizacións portadoras dos valores solidarios e de axuda mutua.
O movemento católico implántase no mundo cooperativo, creando cooperativa agrarias e de crédito.
Precedente galego das cooperativas nas “sociedades de mariñeiros”.
Iníciase o recoñecemento xurídico da fórmula cooperativa que salienta no sector téxtil de Cataluña e Valencia.
Peña Novo (1893-1967) estudou no Seminario de Mondoñedo antes de licenciarse en Dereito en Compostela. Pronto se mergullou no ambiente galeguista das primeiras décadas do século pasado e participou na fundación das Irmandades dá Fala, que logo completaría coa súa militancia no Partido Galeguista.
A súa presenza na vida pública traduciuse na publicación de libros como La mancomunidad gallega e na súa participación no proxecto de estatuto autonomía redactado pola Federación Republicana Galega. Tras ser gobernador en varias provincias, no golpe de estado de 1936 desempeñaba a secretaría do Concello de Lugo, polo que foi deportado e confinado.
Modelo de urbanismo proposto en 1898 por Ebenezer Howard. Este modelo pretende unir todas as vantaxes do campo coas da cidade, evitando os inconvenientes de ambos. Inspírase nos principios colectivistas do socialismo utópico imperante naqueles anos, pero mediatizado na cidade xardín pola preferencia por vivendas unifamiliares propias da burguesía.
Xoaquín Díaz de Rábago (1837-1898): Pensador, xurista, sociólogo e economista, foi un personaxe admirado e reclamado nos salóns máis selectos de Compostela. Desempeñou cargos de responsabilidade entre os que sobresae a presidencia da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, presidente da primeira sucursal do Banco de España ou o cargo de Delegado Rexio da Escola de Artes e Oficios, entre as súas amizades contaba entre outros a Alfredo Brañas que prologou algunha das súas obras. A achega científica máis destacada que lle permitiu o paso á posteridade foron as súas achegas ao pensamento cooperativista.
Consello Galego de CooperativasXunta de Galicia

Copyright 2008 | O Cooperativismo na Escola
www.cooperativasdegalicia.com/educacion