Presentación

A mostra de produtos e servizos cooperativos organízase de xeito complementario e simultáneo á celebración dos encontros e nas mesmas instalacións, permanecendo aberta os días 5, 6 e 7 de xullo. Con ela procurarase a visibilización das actividades das cooperativas galegas e das invitadas aos encontros, mediante a exposición dos seus produtos e servizos, así como de toda aquela información que resulte de interese.


A mostra estará enfocada a facilitar as relacións de intercooperación e de carácter comercial, así como a posibilitar o establecemento de canles de comunicación e colaboración entre todos os participantes e visitantes.


Está prevista a presenza de cooperativas a título individual, de asociacións de cooperativas, de organizacións e entidades asistentes aos encontros, así como presenza de carácter institucional.

 

 

 

 

"As cooperativas son un recordatorio á comunidade internacional de que é posible perseguir a viabilidade económica e responsabilidade social".

Ban Ki-moon, secretario xeral das Nacións Unidas