Presentación

O día do cooperativismo celébrase en Galicia o primeiro sábado do mes de xullo, coincidindo co día internacional. A celebración deste ano enmarcarse nos actos centrais destinados do Ano Internacional dedicados a poñer en valor esta fórmula empresarial.

 

A súa celebración, o 7 de xullo, no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, será o colofón dunhas xornadas onde se porá de manifesto que Galicia, día a día, segue sumándose ao cooperativismo.

 

Neste día, no que están chamados a participar cooperativistas de toda Galicia, serán entregados os premios á cooperación na súa onceava edición. Estes premios teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os cooperativistas, cooperativas e outras persoas e institucións veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.

 

Os premios outórganse pola realización dun destacado labor no eido do cooperativismo e contan coas seguintes modalidades:

 

  • Premio aos valores cooperativos, para aquela cooperativa, entidade ou persoa que máis teña destacado no impulso dos valores cooperativos.
  • Premio ao mellor proxecto cooperativo, para o proxecto empresarial cooperativo de especial relevancia.
  • Premio á promoción do cooperativismo, para a persoa ou entidade que teña destacado especialmente no fomento do cooperativismo.

 

Igualmente se entregaran neste día os premios do certame “cooperativismo no ensino”, dirixidos a difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional de Galicia, potenciando e propiciando os valores e principios que o inspiran, tales como: a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada. A xornada rematará cos tradicionais xogos cooperativos.

 

As persoas interesadas en asistir, deberán inscribirse nesta web, a través   do correo electrónico: info@cooperativas2012.coop , ou do teléfono: 981 569 040.

 

 

 

 

"As cooperativas son un recordatorio á comunidade internacional de que é posible perseguir a viabilidade económica e responsabilidade social".

Ban Ki-moon, secretario xeral das Nacións Unidas