Baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”, celebrarase en Santiago de Compostela un encontro internacional os días 5 e 6 de xullo.
O encontro enmarcase nas actividades divulgativas e formativa do proxecto europeo COOPERA+, cofinanciado polo Programa De Cooperación Territorial España - Portugal 2007 -2013), cuxo obxectivo é articular medidas que contribúan ao fomento e consolidación das cooperativas na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, co fin de xerar máis e mellores empregos, mediante a realización de accións de asesoramento, formación e información dos diferentes axentes galegos e portugueses vinculados á promoción do cooperativismo e da economía social.
Neste encontro, presentaranse experiencias de boas prácticas nos aspecto económicos e sociais, co obxecto de coñecer de primeira man distintas realidades e enfoques que destacan pola posta en práctica de valores cooperativos e que permitirán enriquecer a formación e as análises de cooperativistas, axentes cooperativos, técnicos e estudosos en xeral.
Tamén se abordarán especificamente, as liñas de actuación públicas e privadas para o fomento do cooperativismo en Galicia.
Durante as xornadas do xoves e venres, 5 e 6 de xullo, contárase con relatores procedentes de distintas partes do mundo, que achegarán a súa particular visión sobre os seguintes temas:
As persoas interesadas en participar, deberán inscribirse nesta web, no correo electrónico: info@cooperativas2012.coop, ou do teléfono: 981 569 040.
Ban Ki-moon, secretario xeral das Nacións Unidas