evento

Xornada técnica sobre a modificación da Lei de cooperativas de Galicia

02/05/2012 | Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

 

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar en colaboración coas asociacións representativas do cooperativismo, está impulsando a celebración do Ano Internacional das Cooperativas mediante a organización de distintas actividades divulgativas, entre as que se atopa esta xornada técnica.

A xornada ten como finalidade que os destinatarios da recente modificación legal operada na regulación das cooperativas galegas, coñezan directamente e de primeira man os motivos que aconsellaron o cambio normativo, así como a filosofía e características máis salientables da Lei 14/2011, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia

Contarase coa destacada presenza de expertos de recoñecido prestixio no ámbito contable e xurídico, tanto no ámbito da docencia como no do exercicio profesional.

 

Máis información:

Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Traballo e Benestar, Xunta de Galicia

Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid 2-4
15707 Santiago de Compostela

Persoa de contacto: Xoán Miguel Concheiro Abal

E-mail:subdirectorsxcooperativas.traballo@xunta.es

 

Descargas:

 

 

 

"As cooperativas son un recordatorio á comunidade internacional de que é posible perseguir a viabilidade económica e responsabilidade social".

Ban Ki-moon, secretario xeral das Nacións Unidas