
O proxecto de viabilidade ou plan de empresa é unha análise polo miúdo de tódalas variables que afectan a unha idea empresarial en tres áreas básicas: producto-mercado, organizativa, económico-financeira.
A súa elaboración conxunta e a súa plasmación nun documento non demasiado extenso cumpre un dobre obxectivo: por unha banda serve ás persoas promotoras dun proxecto, neste caso ás tres socias protagonistas para coñecer en detalle aspectos clave para acotar o risco e analizar a viabilidade. Por outra serve de carta de presentación para busca de socios/as, solicitude de axudas e subvencións, así como de solicitude de financiamento alleo.
Na súa elaboración deben participar as promotoras e resulta conveniente contar coa axuda dunha entidade ou persoa profesional que colabore na busca de información, elaboración e resolva dúbidas e problemas que vaian xurdindo.
As entidades representativas do cooperativismo e distintos organismos públicos veñen cumprindo esta función, ademais de asesorías e consultoras especializadas. Tamén en Internet existe abondosa documentación ó respecto (1).
(1) Ver http://www.cooperativasdegalicia.com/biblioteca/index.php?tipo=libro e tamén http://wsie.ipyme.org/planempresa/
Descargar un índice de referencia para a elaboración dun plan de empresa cooperativo
|