Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social e na construción dun mundo mellor.
Para sumarse a esta iniciativa basta con incorporar os datos identificativos da persoa ou entidade no seguinte recadro.
A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.
Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das Nacións Unidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellor e que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos a procurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos un chamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas e privadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomento do cooperativismo.
As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegar solucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuando baixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formación e información, de intercooperación e de interese pola comunidade, as cooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta a satisfacción das necesidades das persoas.
A empresa cooperativa constitúe unha magnifica ferramenta para desenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dos máis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar e cohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seu comportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstancias adversas.
O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integración dos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo un vehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativas comprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal na valorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e no aproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de cooperativistas en 1 de cada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen en Galicia para acadar obxectivos comúns.
Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto, analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar os retos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelo de xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemos avanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cada persoa, da nosa comunidade e do mundo.
As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremos manifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta e peculiar de facer empresa e construír país.
Listado de Persoas
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
| Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
|---|---|---|---|
| Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
| Meixide Fernandez | Xose Antonio | Funcionario | Abegondo |
| Mejuto Martí | Nicasio | Funcionario | Santiago de Compostela |
| Mena Piñeiro | Patricia | Profesora | Vigo |
| Millán | Rafael | profesor USC | Santiago de Compostela |
| Miraz Novás | Carolina | Hixienista Industrial | A Coruña |
| mjlrOJCaypSVVoCuf | xMvwavKm | iCJLWjTzzzA | gvPQtsvYw |
| Moar Martínez | Carmen | Responsable Comunicación e Desenvolvemento | A Coruña |
| Moledo Sobrado | Almudena | Autónoma | Noia |
| Montaos Otero | Arturo | Administrativo | Santiago de Compostela |
| MONTES FRAILE | JUAN JOSE | DOCENTE | VIGO |
| Mougán Bouzón | Higinio | Economista | Santiago de Compostela |
| Mouriño Gallego | David | Enxeñeiro de Camiños | Pontevedra |
| MUIÑO CUNS | JESUS | RECURSOS LECHEROS FEIRACO | AMES |
| Muiños Pardavi | Maria do Carme | Bióloga | Vigo |
| Muñiz Castro | Rosa | Técnica investigación social | Compostela |
| Neiro Nimo | Diego | Técnico Industrial | Santiago de Compostela |
| ngnggm@yfmfdp.com | USA | New York | ngnggm@yfmfdp.com |
| nnwvAVirhaFNjLPx | IcoiPVUqIIaYmI | http://onlinecasinoaustraliaaction.com/ | UIfWNFHhTCGIlClFI |
| novais gil | pere | dependiente | santiago |
| Novo Riguera | Jose | Gandeiro | ou |
| Novo Riguera | JOSE NOVO RIGUERA | GANDEIRO | OUTEIRO DE REI |
| nssrZahhKzGokqMarH | RSutbpCHQgl | ksiYbDGRXyACQWgavqi | bYBOcodh |
| nuñez martinez | marcos | contable administrativo | Lugo |
| Núñez Martínez-Corbal | Marta | Xestora de proxectos | Santiago de Compostela |
| Núñez Seijas | Elisa | mestra | A Coruña |
| oaavpq@vqftqb.com | USA | New York | oaavpq@vqftqb.co m |
| Olveira Blanco | Ana | Xerente | Boiro |
| ORTEGA IÑARREA | MARÍA | TÉCNICA DE FORMACIÓN Y PROYECTOS | VIGO |
| Otero Aira | Ana | Mestra | Culleredo |
| Otero Garcia | Luis | Estudante | Lugo |
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
Listado de Entidades
| Nome | Localidade | Actividade Económica |
|---|---|---|
| Nome | Localidade | Actividade Económica |
Pingback: UGACOTA adhírese ao Manifesto a prol das cooperativas « Ugacota
Pingback: Panxea » Actividades do Ano Internacional das Cooperativas
Pingback: MANIFESTO A PROL DAS COOPERATIVAS. Aínda podes asinar! « Ugacota
Pingback: Apoia o manifesto galego do ano internacional das cooperativas | empreg@