A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2012 como o Ano Internacional das Cooperativas e resaltou a contribución das cooperativas ao desenvolvemento económico e social.
Baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”, perséguese crear maior conciencia sobre a contribución das cooperativas ao desenvolvemento económico e social e fomentar a súa constitución e crecemento, para abordar necesidades económicas mutuas e lograr una plena participación económica e social.
Na resolución oficial da Asemblea Xeral da ONU especificase claramente as recomendacións a seguir para todos os gobernos que a integran, e todas as organizacións propias das Nacións Unidas. A ONU recoñece, neste documento que: “as cooperativas, nas súas distintas formas, promoven a máxima participación posible de todas as persoas no desenvolvemento económico e social, incluídas as mulleres, os mozos, as persoas de idade, as persoas con discapacidade e as persoas indíxenas, que son cada vez máis un factor clave do desenvolvemento económico e social e contribúen á erradicación da pobreza”.
Galicia súmase a este ano internacional por medio de iniciativas xestionadas de xeito cooperativo e coordinado entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e as asociacións de cooperativas, que teñen elaborado unha programación conxunta para a realización de distintos actividades e eventos durante este ano 2012:
- Elaboración de publicacións, reportaxes e materiais divulgativos:
- Celebración de xornadas técnicas sobre temática cooperativa:
- Celebración dun Encontro internacional cooperativo e Mostra cooperativa.
- Declaracións institucionais de apoio ás cooperativas.
- Presenza internacional na exposición da Alianza Cooperativa Internacional (ICA EXPO 2012).
A través delas, quérese destacar especialmente a importancia das cooperativas para o emprendemento e a xeración de emprego e, particularmente, que as cooperativas:
- Ofrecen un enfoque de crecemento económico a longo prazo e oportunidades para articular e viabilizar proxectos.
- Teñen unha importante resistencia á crise económica global e crean empregos sostibles en todos os sectores, evitando a deslocalización.
- Procuran a satisfacción das necesidades dos socios e da súa contorna social, creando riqueza e benestar social.
Algúns datos sobre cooperativismo
Algúns datos sobre cooperativismo
As cooperativas operan en todos os sectores da economía, contan con máis de 800 millóns de socios e supoñen 100 millóns de empregos en todo o mundo.
As cooperativas en Europa representan:
123 millóns de membros
5.400.000 empregados
160.000 cooperativas
En Finlandia o 75% da poboación é membro dalgunha cooperativa.
En Francia, as empresas cooperativas proporcionan case 1 millón de postos de traballo, o que representa case o 3,5% de todo o emprego do país.
En Bélxica, 1 de entre 5 farmacias é unha cooperativa.
En Alemaña, os bancos cooperativos teñen máis de 16 millóns de membros.
En Italia, o 50% do sector agroalimentario está xestionado por cooperativas y existen 34.000 cooperativas de servizos.
En Polonia 1 de cada 3 persoas vive nunha casa que pertence a una cooperativa.
No Reino Unido, as cooperativas teñen maior variedade de produtos de comercio xusto que calquera outra tenda.
22.170 cooperativas
270.696 empregos
Máis do 80% dos postos de traballo son indefinidos.
O 50% dos seus traballadores teñen menos de 40 anos. Reflicte un importante colectivo de mozos emprendedores.
O 46,9% dos seus traballadores son mulleres.
Durante o ano 2010 e no primeiro trimestre de 2011 máis de 14.000 persoas crearon o seu propio posto de traballo constituíndo 1.390 novas cooperativas.
1.136 cooperativas activas
Máis do 2% dos ocupados galegos están vinculados ó cooperativismo, tratándose ademais dun emprego de calidade.
O movemento cooperativo en Galicia agrupa a máis de 88.000 socios, cunha dinámica de evolución crecente, e cun peso significativo en determinados colectivos: agricultores, mozos e mulleres.
Os cooperativistas están presentes en 1 de cada 11 fogares galegos.
As empresas cooperativas contan cun volume de facturación de máis de 2.435.000 euros.
Durante o ano 2011 constituíronse 48 cooperativas que agrupan a 1.459 persoas socias.