Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social e na construción dun mundo mellor.
Para sumarse a esta iniciativa basta con incorporar os datos identificativos da persoa ou entidade no seguinte recadro.
A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.
Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das Nacións Unidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellor e que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos a procurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos un chamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas e privadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomento do cooperativismo.
As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegar solucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuando baixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formación e información, de intercooperación e de interese pola comunidade, as cooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta a satisfacción das necesidades das persoas.
A empresa cooperativa constitúe unha magnifica ferramenta para desenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dos máis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar e cohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seu comportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstancias adversas.
O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integración dos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo un vehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativas comprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal na valorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e no aproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de cooperativistas en 1 de cada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen en Galicia para acadar obxectivos comúns.
Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto, analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar os retos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelo de xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemos avanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cada persoa, da nosa comunidade e do mundo.
As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremos manifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta e peculiar de facer empresa e construír país.
Listado de Persoas
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
---|---|---|---|
Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
Otero Iglesias | Pedro | Xerente Coop. TAGEN ATA | Fene |
Otero Iglesias | Pedro | Xerente Coop. TAGEN ATA | Fene |
otrxwp@xxiakb.com | USA | New York | otrxwp@xxiakb.com |
OUCPU | ANRApo | BlPrR | mdlwuw@hgzusa.com |
PACIN VAZQUEZ | JOSE MANUEL | DTR. OF. CAIXA RURAL GALEGA | TABOADA |
Paradela Gonzá | Mª del Mar | Estudiante de Relaciones Laborales | La Coruña |
PARDAL GARCÍA | MARÍA BELÉN | XEFATURA SECCIÓN XESTIÓN ECONÓMICA | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
Pardo Martínez | Carolina | Veterinaria | Friol |
PARDO OTERO | MARIA | VETERINARIA | LUGO |
parente carro | guillermo | parado | redondela |
Patria | Galega | sus labores | vigo |
pazo blanco | ana | tec.sanitario | Compostela |
pceqmx@zahuqt.com | USA | New York | pceqmx@zahuqt.com |
PEDRARES MATO | AMELIA | FUNCIONARIA | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
Pedreira Fernández | Mª Pilar | Profesora | Ferrol |
Pedreira Mirás | Manuel Agustín | Tecnico | Santiago de Compostela |
peillet perez | rosana | auxiliar administrativo | a baña |
Pena | Manuel | Administrativo | Ordes |
Peña Liaño | Susana | A Coruña | A Coruña |
Pena Pombo | Estefanía | Administrativa | Corme- Ponteceso |
Pena Rodriguez | Manuel | Empregado Público | Ordes |
PENIDO CONDE | SUSANA | ENXEÑEIRO AGRÓNOMO | SILLEDA |
pereira perez | alexandre | cooperativista | Santiago |
PEREIRA RODRIGUEZ | MAXIMINA | ASESORA - SOCIA COOPERATIVISTA | VIGO |
Pereiro Peláez | David | Consultor | Santiago de Compostela |
Pérez Carballido | Iván | Empregado administrativo en cooperativa | Lugo |
Pérez Carballido | Iván | Administrativo de Cooperativa Agris S.C.G | Lugo |
Pérez Fernández | Aurora | Profesora | Santiago de Compostela |
Pérez Gómez | Brais | Consultor cooperativismo | Betamiráns |
PÉREZ LÓPEZ | ANA ISABEL | OCEANÓGRAFA | VIGO |
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
Listado de Entidades
Nome | Localidade | Actividade Económica |
---|---|---|
Nome | Localidade | Actividade Económica |
Pingback: UGACOTA adhírese ao Manifesto a prol das cooperativas « Ugacota
Pingback: Panxea » Actividades do Ano Internacional das Cooperativas
Pingback: MANIFESTO A PROL DAS COOPERATIVAS. Aínda podes asinar! « Ugacota
Pingback: Apoia o manifesto galego do ano internacional das cooperativas | empreg@