Manifesto

Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social e na construción dun mundo mellor.
Para sumarse a esta iniciativa basta con incorporar os datos identificativos da persoa ou entidade no seguinte recadro.




A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.

Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das Nacións Unidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellor e que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos a procurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos un chamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas e privadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomento do cooperativismo.

As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda,  responsabilidade, democracia,  igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegar solucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuando baixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formación e información, de intercooperación e de interese pola comunidade, as cooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta a satisfacción das necesidades das persoas.

A empresa cooperativa constitúe unha magnifica ferramenta para desenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dos máis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar e cohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seu comportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstancias adversas.

O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integración dos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo un vehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativas comprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal na valorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e  no aproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de  cooperativistas en 1 de cada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen en Galicia para acadar obxectivos comúns.

Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto, analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar os retos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelo de xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemos avanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cada persoa, da nosa comunidade e do mundo.

As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremos manifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta e peculiar de facer empresa e construír país.


Persoa


Entidade


Listado de Persoas

< 1 2 3 4 6 7 8 9 10 11 12 13 > 

ApelidosNomeProfesión Localidade
ApelidosNomeProfesión Localidade
GARCIA ARIASMARIA JESUS ABOGADASANTIAGO DE COMPOSTELA
garcia del palacioalfredoadministrativosantiago de compostela
García FreitaLucianaTraballadora socialNegreira
García GabeirasRafaelIngeniero AgrónomoAmes. 15220 A Coruña
García MéndezPatane Técnica de formaciónA Coruña
garcía méndezfernando psicólogo y coach Gijón
García MonteroManuelViticultorCenlle
García PermuyAlejandroTraballa dor SocialPontevedra
GARCIA PORTUGALROSA MARIAINGENIERO TECNICO AGRICOLABRION - A CORUÑA
Garrido ChamorroCristinaIngeni eraMadrid
Garrido CondeJosé ManuelE. BancaCelanova
GCEeGSVaYTD3DU8Hghmlcp@rlczmv.com
Gesto QuiñoyGonzalo M.AvogadoSantiago de Compostela
gEuAXfbr6x8J48Xvllncg@uvlhun.com
GOÁS AMADOÁNGELESMESTRASANTIAGO DE COMPOSTELA
GOAS ANIDOEVA MªTEC. AGRICOLA EN COOP.VILALBA
Gómez DíezCarlosHorticultor y FloricultorCenlle
Gómez IglesiasMercedes Técnica asesoramento CooperativoNarón
gómez pardeirovera ing. agrónomaFoz
Gómez VázquezTomás Técnico de Cooperativas en Agaca OurenseOurense
Gómez VázquezTomás Técnico de Cooperativas en AgacaOurense
GONZÁLEZ ÁLVAREZÁLVAROESTUDANTESANTIAGO DE COMPOSTELA
González AmaroAntonio funcionarioCastro Caldelas
Gonzalez CastroJose AngelSocio CooperativistaPonteareas
Gonzalez CastroXose AnxoCooperativistaPonteareas
Gonzalez IglesiasSilviaEconomistaA Coruña
GONZALEZ LORENZOPATRICIA PARADAVILANOVA DE AROUSA
GONZÁLEZ MORÁNJOSÉ MANUELAVOGADOSANTIAGO DE COMPOSTELA
GONZÁLEZ MOUREJUAN MANUELFUNCIONARIOSANTIAGO DE COMPOSTELA
GONZÁLEZ RODRÍGUEZNURIAGRADUADA SOCIAL - TÉCNICA PROXECTOS COOPERATIVOSVIGO

< 1 2 3 4 6 7 8 9 10 11 12 13 > 

Listado de Entidades

< 1 2 3 > 

NomeLocalidadeActividade Económica
NomeLocalidadeActividade Económica

< 1 2 3 >