Manifesto

Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social e na construción dun mundo mellor.
Para sumarse a esta iniciativa basta con incorporar os datos identificativos da persoa ou entidade no seguinte recadro.




A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.

Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das Nacións Unidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellor e que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos a procurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos un chamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas e privadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomento do cooperativismo.

As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda,  responsabilidade, democracia,  igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegar solucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuando baixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formación e información, de intercooperación e de interese pola comunidade, as cooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta a satisfacción das necesidades das persoas.

A empresa cooperativa constitúe unha magnifica ferramenta para desenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dos máis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar e cohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seu comportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstancias adversas.

O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integración dos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo un vehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativas comprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal na valorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e  no aproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de  cooperativistas en 1 de cada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen en Galicia para acadar obxectivos comúns.

Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto, analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar os retos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelo de xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemos avanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cada persoa, da nosa comunidade e do mundo.

As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremos manifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta e peculiar de facer empresa e construír país.


Persoa


Entidade


Listado de Persoas

< 1 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 > 

ApelidosNomeProfesión Localidade
ApelidosNomeProfesión Localidade
Ares FernándezCarlos Tecnico da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-AGACASantiago de Compostela
Arizaga CastroÁlvaro R.ProfesorPontevedra
Armada CastroMartaAsesora Socio-LaboralVigo
Baamonde NocheEduardoAgrónomoMadrid
Balado BarcielaTeresa Técnica Unión de CooperativasMos
Barba SearaÓscarInformáticoOurense
Barbosa RodriguezMiguel AngelConsultor en Algalia S.CoopVigo
Barcia GalloFrancisco JavierGerenciaRúa Río do Amalló nº15-Ribadeo(Lugo
Barcia NoyaBertaEnxeñeira AgrónomaSantiago de Compostela
Barreira PazosCésar Enxeñeiro IndustrialVigo
BARREIRO LÓPEZMªISABELDIRECTIVO COOPERATIVAFRIOL (LUGO)
Barreiro VilasAngelesTecnica UgacotaSantiago
Bellas CebreiroBelén AdministrativoFerrol
Ben FerroLuis MaríaTécnico electricistaSantiago de Compostela
BERMUDEZ LODEIROM CARMENDIRECTORA ADMINISTRATIVA EN COOP.VILALBA
BERNARDEZ MATALOBOSXABIERECONOMISTASANTIAGO
Blanco BouzaIsmaelSociólogo emprendedorCoruña
Bolaño CouseloNazaret XornalistaSantiago de Compostela
BOTANA AGRAMANUEL JOSÉDIRECTOR DO CENTRO DE ESTUDIOS COOPERATIVOS DA USCSANTIAGO DE COMPOSTELA
Brea San JoseFranciscoEducador ambientalCulleredo
Broz FidalgoArmando Investigador socialSantiago de Compostela
Buitrón PérezMª del CarmenProfesoraSantiago de Compostela
ByPGqUruhH6EMlTLDwm0gp
cabaleiro portelamaria luisacocinerovigo
cabaleiro trocosoluzjubiladaredondela
CalviñoXaime Xornalista e Community ManagerA Coruña
Calviño FernándezTeresaFloristaA Coruña
Calvo VarelaMª del CarmenEconomistaSantiago de Compostela
Campal FernándezJosé ManuelPsicólogo e Orientador LaboralViveiro e Santiago
Canosa ReyJesús Técnico de intermediación laboralA coruña

< 1 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 > 

Listado de Entidades

< 1 3 > 

NomeLocalidadeActividade Económica
NomeLocalidadeActividade Económica
Cooperativa Ahorro y Credito TemucoTemuco - Araucania - ChileCooperativa
Cooperativa de Cine y Documental,S.CooA CoruñaAudiovisual
Creando XuntosMoaña, PontevedraTalleres informativos y educativos
Creando XuntosMoaña, PontevedraTalleres y eventos educativos
Delagro S. Coop.Santiago de CompostelaSuministros agrarios
DELOGAA CoruñaConsultoría social e empresarial
Equal Soc. Coop. GalegaOurenseeducación ambiental, formación, ocio e T.libre
equal soc.coop.galegaourenseeducación ambiental, ocio e tempo libre
Faíscas S. Coop. GalegaOurenseServicios socioeducativos, ocio e tempo de lecer
FEIRACO SOC.COOP.GALLEGAAMESINDUSTRIA LACTEA
FRUGAL SCGO BURGO-CULLEREDODESHIDRATACION DE FRUTAS
FUNDACION CORENOURENSEPROMOCION DO COOPERATIVISMO
FUNDACION FEIRACOAMESPROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO
FUNDACION MONTE DO GOZOSANTIAGO DE COMPOSTELAASISTENCIA SOCIAL
GABINETE TEC AGROP TERRA CHA,S.C.GVILALBASERVIZOS DE ENXEÑEIRA TECNICA E VETERINARIA
Hábitat Social, S. Coop. GalegaA CoruñaServizos de arquitectura e urbanismo
Hortoflor 2, S. Coop. GalegaOurenseProducción y comercialización de flor cortada y productos hortícolas
LIMCO, S.C.G. DE INTEGRACIÓN SOCIALCAMBRESECTOR SERVIZOS
Limco, Soc. Coop. GalenaCambre (A Coruña)Centro Especial de Empleo
Madereira San Martin de Moreira S. Coop. GalegaPonteareasTransformación da Madeira
Mancomunidade de Municipios Comarca de OrdesOrdesEntidade Local
ManuelAlonso Gonzalezservicios sociais
MANUEL JOSÉ BOTANA AGRASANTIAGO DE COMPOSTELAPROFESOR /DIRECTOR DO CECOOP DA USC
Maragota S. Coop. GalegaSan SadurniñoEspazo infantil
Maria Concepcion Carro CabaleiroOurenseservicios sociais
METAL UNION, S.COOP.OURENSETALLER HORMIGONERAS
Milhulloa s.Coop.GalegaPalas de ReiProducción ecológica.
Mª Dolores Alonso GonzalezOurenseservicios sociais
Mª Josefa Jimenez sanchezCamariñasadministracion local
Nornas HostelGondomar (Pontevedra)Aloxamento extra-hoteleiro

< 1 3 >