Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social e na construción dun mundo mellor.
Para sumarse a esta iniciativa basta con incorporar os datos identificativos da persoa ou entidade no seguinte recadro.
A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.
Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das Nacións Unidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellor e que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos a procurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos un chamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas e privadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomento do cooperativismo.
As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegar solucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuando baixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formación e información, de intercooperación e de interese pola comunidade, as cooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta a satisfacción das necesidades das persoas.
A empresa cooperativa constitúe unha magnifica ferramenta para desenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dos máis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar e cohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seu comportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstancias adversas.
O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integración dos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo un vehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativas comprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal na valorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e no aproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de cooperativistas en 1 de cada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen en Galicia para acadar obxectivos comúns.
Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto, analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar os retos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelo de xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemos avanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cada persoa, da nosa comunidade e do mundo.
As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremos manifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta e peculiar de facer empresa e construír país.
Listado de Persoas
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
| Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
|---|---|---|---|
| Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
| SEIJAS LAREO | LAURA | ESTUDIANTE | |
| SERÉN GUDE | BEGOÑA | PEDAGOGA | LUGO |
| Serrano Gutiérrez | Oliver | Responsable Dpto. Calidad y Seguridad Alimentaria en Cooperativas Agro-alimentarias Castilla - La Mancha | Alcázar de San Juan |
| sFUqTriNwUry | XrwlAvijPPr | uocQOXEzldZcP | tOrkRMEla |
| Silva García | Mónica | Bióloga | Pontevedra |
| Solla Pena | Ledicia | Mestra | A Coruña |
| Soto Fernandez | Susana | Socia Teixugo S.Coop. | Vigo |
| Subiela Pérez | Xaime | Politologo | Ames |
| sWCSfRFERxnxu | MoUMNoOthKgQdak | FgIrniTtFJw | GQiGzRbQfWXG |
| Tabarés Navarrete | Salvador | Informático de cabecera | |
| Tabernero Reboredo | Jose Alberto | Economista | A coruna |
| tDrQsMnhFWwELpO | zdrpFAzABXstLuy | http://affordableairpurifiers.com/ | ZvWJftoQOtnsKBJ |
| Toba Blanco | Rafael | Técnico audiovisual | A Coruña |
| TURNES REY | M CARMEN | ASESORA FISCAL | NEGREIRA |
| usero barcena | francisco | entrenador personal | ferrol |
| vaamonde rivero | mª yolanda | empleada de banca | santiago |
| Vale Varela | Víctor | Estudante | O Vicedo |
| Vales Ramos | Xosé Manuel | Xubilado | Narón |
| Vales Ramos | Xosé Manuel | Jubilado | Narón |
| Vázquez Álvarez | José Luis | Empresario | Vigo |
| vazquez baamonde | jessica | estudiante | vilagarcia |
| VAZQUEZ MOUGAN | ANA BELEN | ADMINISTRATIVO | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
| Vázquez Ramos | Amparo | Pedagoga | Ourense |
| Vázquez Ramos | Mª José | socia Equal | Ourense |
| VENTURA BLANCO | MONTSE | ADMINISTRATIVO | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
| VIAÑO ILLODO | MAXIMINO | DIRECTIVO | AMES |
| Vicente Comojo | María Luísa | Administrativa | Santiago de Compostela |
| VILA LOPEZ | DAVID | ECONOMISTA | LUGO |
| Vilariño Gonzalez | Isabel | Veterinaria en Agris scg | Palas de Rey-Lugo |
| VIZCAINO PRIETO | ARTURO | INGENIERO INDUSTRIAL | A CORUÑA |
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
Listado de Entidades
| Nome | Localidade | Actividade Económica |
|---|---|---|
| Nome | Localidade | Actividade Económica |
Pingback: UGACOTA adhírese ao Manifesto a prol das cooperativas « Ugacota
Pingback: Panxea » Actividades do Ano Internacional das Cooperativas
Pingback: MANIFESTO A PROL DAS COOPERATIVAS. Aínda podes asinar! « Ugacota
Pingback: Apoia o manifesto galego do ano internacional das cooperativas | empreg@