Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social e na construción dun mundo mellor.
Para sumarse a esta iniciativa basta con incorporar os datos identificativos da persoa ou entidade no seguinte recadro.
A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.
Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das Nacións Unidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellor e que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos a procurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos un chamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas e privadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomento do cooperativismo.
As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda, responsabilidade, democracia, igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegar solucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuando baixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formación e información, de intercooperación e de interese pola comunidade, as cooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta a satisfacción das necesidades das persoas.
A empresa cooperativa constitúe unha magnifica ferramenta para desenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dos máis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar e cohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seu comportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstancias adversas.
O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integración dos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo un vehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativas comprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal na valorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e no aproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de cooperativistas en 1 de cada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen en Galicia para acadar obxectivos comúns.
Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto, analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar os retos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelo de xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemos avanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cada persoa, da nosa comunidade e do mundo.
As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremos manifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta e peculiar de facer empresa e construír país.
Listado de Persoas
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
---|---|---|---|
Apelidos | Nome | Profesión | Localidade |
LÓPEZ ALVES | PILAR | A.D.E. | PONTEVEDRA |
López Cid | Antonio | Funcionario | Santiago de Compostela |
López Iglesias | Edelmiro | Profesor da Universidade de Santiago de Compostela | Santiago de Compostela |
López Lema | Fátima | Administrativo | Arzúa |
LÓPEZ LÓPEZ | ANA Mª | EMPREGADA COOP. AGRIS, S.C.G. | O PÁRAMO |
López Marcos | José Manuel | Empregado de Cooperativa de Crédito | Lugo |
LOPEZ PACIO | ROCÍO | ESTUDANTE DOUTORADO | A PASTORIZA - LUGO |
LÓPEZ PACIO | ROCÍO | ESTUDANTE DOUTORADO | A PASTORIZA - LUGO |
LÓPEZ PACIO | MARTA | ESTUDANTE | A PASTORIZA - LUGO |
López Pardo | José Antonio | desempregado | A Coruña |
LOPEZ PENAS | Mª CRUZ | FUNCIONARIA | SANTAIGO DE COMPOSTELA |
López Pérez | Jaime | Analista Sistemas C.R.Galega | Lugo |
López Rodríguez | Guadalupe | mecánica humanista | San Pedro de Santa Comba (Lugo) |
Lorenzo Iglesias | Javier | Técnico electricista | Santiago de Compostela |
Lorenzo Vila | Ana Rosa | Socióloga | Santiago |
Loureiro Rey | Eduardo | Administrativo | Santiago de Compostela |
Louro Vizoso | Mª Luisa | Enxeñeiro Técnico Industrial | Santiago de Compostela |
LOUZAN MARIÑO | ANXO | ASESOR | XINZO DE LIMIA |
LOUZAO RODRIGUEZ | MARIA JESUS | FUNCIONARIA | SANTIAGO DE COMPOSTELA |
Lozano Yañez | Pilar | diplomada en relacions laboraisº | Ferrol |
MANEIRO GARCIA | ROGELIO | DIRECTOR OFICINA COOP. CREDITO | MELIDE |
Mariño Lavía | Berta Mª | desempleada | Pontevedra |
Márquez Lamela | María | empresaria (socia de Coop57) | Ferrol |
Martínez Alonso | Nieves | Administración | A Coruña |
martinez garcia | naroa | striper | vigo |
Martínez Garrido | Tania | Cooperativista | Redondela |
martinez iglesias | yolanda | auxiliar enfermeria | vigo |
Martínez Rodríguez | Susana | Economista e docente | Muros de San Pedro - A Coruña |
MATEOS GUILARTE | ALFONSO | INGENIERO AGRÓNOMO | A CORUÑA |
Meira Cartea | Pablo Ángel | Prof. Universitario | Santiago de Compostela |
< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 >
Listado de Entidades
Nome | Localidade | Actividade Económica |
---|---|---|
Nome | Localidade | Actividade Económica |
Pingback: UGACOTA adhírese ao Manifesto a prol das cooperativas « Ugacota
Pingback: Panxea » Actividades do Ano Internacional das Cooperativas
Pingback: MANIFESTO A PROL DAS COOPERATIVAS. Aínda podes asinar! « Ugacota
Pingback: Apoia o manifesto galego do ano internacional das cooperativas | empreg@