Manifesto

Como parte das actividades do Ano Internacional das Cooperativas, entidades e persoas a título individual, están a unir a súa voz mediante a sinatura dun manifesto para destacar a importancia do cooperativismo no desenvolvemento económico e social e na construción dun mundo mellor.
Para sumarse a esta iniciativa basta con incorporar os datos identificativos da persoa ou entidade no seguinte recadro.




A ONU proclamou o ano 2012 como Ano Internacional das Cooperativas, destacando a súa importante contribución á construción dun mundo mellor e alentando aos estados membros e a todas as persoas e entidades interesadas, a promover as cooperativas e aumentar a conciencia sobre a súa contribución ao desenvolvemento económico e social.

Facéndonos eco do seu mandato, unímonos á Organización das Nacións Unidas, para manifestar que as cooperativas axudan a construír un mundo mellor e que, traballando na creación e desenvolvemento do cooperativismo, estamos a procurar unha Galicia mellor, máis xusta e máis solidaria; e facemos un chamamento a todas as persoas, aos axentes sociais e ás institucións públicas e privadas, para que intensifiquen o seu esforzo a prol da divulgación e fomento do cooperativismo.

As cooperativas baseándose nos valores de autoaxuda,  responsabilidade, democracia,  igualdade, equidade e solidariedade, son capaces de achegar solucións e alternativas para a creación de riqueza e benestar social. Actuando baixo os principios de adhesión voluntaria e aberta, de xestión democrática, de participación económica, de autonomía e independencia, de educación, formación e información, de intercooperación e de interese pola comunidade, as cooperativas contribúen a acadar unha sociedade máis xusta, equitativa e atenta a satisfacción das necesidades das persoas.

A empresa cooperativa constitúe unha magnifica ferramenta para desenvolver os proxectos profesionais e vitais das persoas, particularmente dos máis novos, e supón un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local. A súa contribución ao mantemento do benestar e cohesión social cobra especial importancia en tempos de crise, polo seu comportamento de mantemento de actividades e emprego en circunstancias adversas.

O seu papel resulta fundamental na organización, estruturación e integración dos sectores produtivos, especialmente nos procesos de cambio, constituíndo un vehículo de modernización, de desenvolvemento tecnolóxico e innovación, así como un estimulo para o emprendemento. As empresas cooperativas comprometidas coas persoas e co territorio, teñen un papel principal na valorización dos recursos humanos, na fixación da poboación e  no aproveitamento sustentable dos recursos. A presenza de  cooperativistas en 1 de cada 11 fogares, mostra o alcance e potencialidade que as cooperativas teñen en Galicia para acadar obxectivos comúns.

Cada vez que nos enfrontemos a un problema ou acometamos un proxecto, analicemos as vantaxes de acometer a solución dos problemas, de afrontar os retos e de asumir os riscos, dun xeito colectivo e participativo, en lugar de facelo de xeito individual; posiblemente, se optamos pola vía cooperativa, poderemos avanzar na mellora individual e colectiva, na mellora da calidade de vida de cada persoa, da nosa comunidade e do mundo.

As entidades e as persoas que nos sumamos a esta iniciativa, queremos manifestar o noso apoio ao cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, coa finalidade de propiciar unha reflexión no conxunto da sociedade galega, que poña en primeiro plano esta forma propia, distinta e peculiar de facer empresa e construír país.


Persoa


Entidade


Listado de Persoas

< 1 2 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 > 

< td class="fm-item-cell-text-4f8ffd798123a">Verín (Ourense)
ApelidosNomeProfesión Localidade
ApelidosNomeProfesión Localidade
CAPEANS GOMEZM. BELENADMINISTRATIVOA BAÑA
Carballal PregoOscarProgramadorSantiago de Compostela
Carballo FernándezJosé CarlosEnxeñeiro AgrónomoSantiago de Compostela
Carro CabaleiroMª LuzcoidadoraRedondela
Carro CabaleiroMª AngelalimpiadoraVigo
carro riosantoniojubiladoredondela
CASABELLA LUACESSANDRA ADMINISTRATIVOA PASTORIZA
Castro BarreiroEmmaDirectora de Formación de Cooperativas Agro-alimentarias de EspañaMadrid
Castro SilvaMónica FuncionariaSantiago de Compostela
CELIS SANMIGUELLUISA AEDL-TÉCNICA LO CAL DE EMPLEOSADA
Chenlo Campos SantiagoEducadorValga
Cochón RodríguezGustavo BiólogoPontevedra
Conde RodriguezJose AntonioMantenimiento industrialOurense
Corbelle CacabelosFernandoEstudanteSantiago de Compostela
Coto AlonsoLauraHosteleríaO Porriño
COUSO COSTALOLI TÉCNICO AGRÍCOLASANTIAGO DE COMPOSTELA
cuadrado carballoconcepcionaxudante informativossantiago de compostela
cUmSYOItGcQzgaDpBKvqhttp://onlinecasinoaustraliazone.com/ GDTHbEoNFthC
Cunqueiro SuárezJosé ManuelSen empregoSantiago
da Costa PicónMaría del CarmenMaestraSantiago de Compostela
DAVILA CARRORICARDO ANTÓNESTUDIANTEVIGO
De Antonio JimenezFernandoVeterinarioMadrid
de la Fuente BlancoJesús PolitólogoSantiago de Compostela
dG1KylSdvTlI4N8AYMkxymkg@sssmkt.com
DIAZ INSUALUISAMESTRACULLEREDO- A CORUÑA
Diéguez DiéguezDaniel Cooperativista
DIEZ DIEZJOSE LUISENXEÑEIRO AGRONOMOA CORUÑA
DIXocryCCRwlheKvYEEQWUpiDUuheYDRwSpwhzlZxGzLSOXxgrlwoPwdDsDVIXApK
dNbupLYxSvNzLhlGgtMqRhusppdBsOtIjHWifqDkNKzAEAwpixKhvoOjhS
doallo alvarezraquel economistaourense

< 1 2 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 > 

Listado de Entidades

< 1 2 

NomeLocalidadeActividade Económica
NomeLocalidadeActividade Económica
Os Irmandiños, S.C.G.RibadeoAbastecementos, servizos, maquinaria, ...
Pazos Instalaciones SLOrenseMantenimineto de Edificios
PEGADAS S.COOP.GALEGAA CORUÑAARTES GRAFICAS E PUBLICIDADE
Pegadas, s. coop. galegaA CoruñaArtes Gráficas
Portauto Sociedade Cooperativa GalegaPorriñoTransporte Mercancias por Carretera
Promundos S. Coop. G.VigoComercio xusto
Ricardo Gonzalo Davila AlonsoOurenseservicios sociais
ROSA MARIA GARCIA PORTUGALBRION - A CORUÑADESPACHO PROFESIONAL -INFORMES
San Martin de Moreira S. Coop. GalegaPonteareasMadeira
Santa Lucia S.C.L.Sedes - NarónAgraria
SAT XAN NOVOOUTEIRO DE REIGADEIRA
Seven Instalaciones S. Coop. GalegaSantiago de CompostelaInstalacions e mantementos electricos e de seguridade
Sigfito Agroenvases, S.L.MadridGestión de Residuos de Envases Agrarios
SINERXIAPONTEVEDRAFEDERACIÓN DE COOPERATIVAS
Sonaxe, Sociedade Cooperativa GalegaBoiroFormación musical, edición, produción e promoción musical
TAGEN ATA NARÓNFormación, contidos dixitais, com unicación e servizos lingüísticos
Teixugo S.Coop.VigoEducación Ambiental
Trespés Soc. Coop. GalegaRedondelaConstrución social, cultural e medioambiental
UCETAGPontevedraUnión Cooperativas Ensino
UCOGATRA (Unión de Cooperativas Galegas do Transporte)Santiago de CompostelaTransporte de mercadorías por estrada
Unión de Cooperativas AGACASantiago de CompostelaRepresentación e defensa de cooperativas agrarias
Unión de cooperativas de traballo asociado-UgacotaSantiago de CompostelaRepresentación e fomento do cooperativismo de traballo
URDIME S.COOP GALEGACERCEDADISTRIBUCION E XESTION CULTURAL
XANELA S.COOP. GALEGAAMOEIRO. OURENSECENTRO DE FORMACIÓN
Xérmolo XestiónBertamiráns, AmesAsesoría-Consultoría
xesforesta s. coop. galegaPorto do Sonsilvicultura e outras actividades forestais
XIAMA S COOP LTDAXINZO DE LIMIAASESORIA
XOGAVENTURACARBALLIÑOOCIO E LECER
ZERO-PRO FABRICACION DE CELULAS ROBOTIZADAS DE PALETIZADO S. COOP. GALEGAVIGOFABRICACION MAQUINARIA, PALETIZADO

< 1 2