NEXUS REDE PARTICIPA NA XORNADA FINAL DO GTN3 "Contribución de Equal a la adaptabilidad de empresas y trabajadores" EN SANTANDER

Os días 10 e 11 de decembro desenvolveuse en Santander a xornada final do Grupo de Traballo Nacional do eixo 3 de Equal. Nesta xornada, e co fin de facer chegar a todas as Agrupacións de Desenvolvemento os taballos levados a cabo no Grupo contouse con intervencións a cargo de responsables e persoal técnico da UAFSE e dun espazo de Feria dos proxectos nos que se podían coñecer as ferramentas e produtos desenvolvidos en cada un dos 38 proxectos Equal do eixo de adaptabilidade.

imaxe dunha das salas da Feria dos Proxectos O stand do Proxecto Nexus Rede



XORNADA TÉCNICA: PLANOS DE MELLORA E COOPERATIVISMO SOSTIBLE

A Xornada, organizada pola Federación de Cooperativas Sinerxia no marco do Proxecto Equal Nexus Rede terá lugar o xoves 20 de decembro de 2007 no Hotel Congreso (Sala Oseira) de Santiago de Compostela, en horario de 10:00 a 14:00hs rematando cun xantar.Haberá límite de asistencia (máximo 50 persoas) por rigoroso orde de inscrición.Prema aquí para inscribirse. 

 

XORNADA DE INTERCOOPERACIÓN NO MAR

A Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia organiza esta xornada no marco do Proxecto Equal Nexus Rede. A xornada desenvolverase o próximo martes 18 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, en horario de 16:30 a 19:30 hs.

As persoas interesadas poden inscribirse premendo aquí

 



 

XORNADA DE DIVERSIFICACIÓN E DIMENSIONAMENTO - PROXECTO  EQUAL NEXUS REDE 

 Co obxectivo xeral de realizar unha diagnose sectorial e analizar as posibilidades de diversificación e/ou dimensionamento das cooperativas de traballo e as súas asociacións adicadas á asesoría - consultoría nas actividades de xestión empresarial, formación non regrada, organización de eventos e servizos informáticos.

Dirixida a: cooperativas de traballo e as súas asociacións que traballen neses sectores.

A Xornada, organizada pola Federación de Cooperativas Sinerxia no marco do Proxecto Equal Nexus Rede terá lugar o martes 11 de decembro de 2007 no Hotel Tres Luces de Vigo. Inscricións ate o 10 de decembro no 986 128 580 /90 .



  O PORTAL DE INTERCOOPERACIÓN NEXUS REDE

 Páxina web do Protal de Intercooperación

No seminario final do Proxecto Equal Nexus Rede presentouse o Portal de Intercooperación que se está a desenvolver ao abeiro do proxecto. O obxectivo desta iniciativa e poñer ao servizo das cooperativas interesadas unha ferramenta para a intercooperación cooperativa que contempla:

Un espazo privado con ferramentas de comunicación: foros, taboleiros de anuncios, comunicados, ofertas, propostas de interccoperación (demandas doutros produtos/servizos cooperativos), novidades,...

Un espazo público cooperativo con buscador de cooperativas, microwebs para as cooperativas interesadas, sección de "cooperativa do mes", sección de actualidade, catálogo de produtos e servizos.

Pódese visitar o Portal de Intercooperación no seguinte enderezo: http://www.intercooperar.coop/index.php



SEMINARIO FINAL DO PROXECTO EQUAL NEXUS REDE

 Prema sobre o nome dos relatorios para acceder a documentación do mesmo.

 Relatorio a cargo da Coordinadora Técnica, Marta Núñez, presentada pola Xerente de UGACOTA, Mar Pernas

Presentación de Conclusións e Resultados do Proxecto Equal Nexus Rede

          

Marta Núñez M. Corbalán, Coordinación Técnica Nexus Rede . AGACA

Presenta Mar Pernas Márquez. UGACOT

Benvida e presentación do Seminario de Transferencia.

Cons. Traballo. Dra. Xeral de Relacións Laborais. Dona Pilar Cancela Rodríguez.

Cons. Pesca. D.X. Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Don José Barreiro Piñeiro.

Universidade de Santiago de Compostela. Coord. De Xestión e Promoción da Investigación. Prof.D. Javier Sardina López.

Representante da AD Asociación Galega Cooperativas Agrarias. D. Higinio Mougán Bouzón.

 

Mesa de Autoridades no acto de presentación do Seminario Final

Representantes das entidades da Agrupación de Desenvolvemento na firma do documento de transferencia

Acto Transferencia de titularidade e dereitos de explotación dos principais produtos de proxecto.

Firma do Acordo para a Transferencia

Mellora empresarial e consolidación Cooperativa”.

Coordinación GT 1: Dona Mar Pernas de UGACOTA e D. Manuel Perez Losada da Consellería de Traballo.

Ø       Planificación Estratéxica Cooperativa. Diagnoses sectoriais: agro, mar, traballo asociado.

Ø       Ferramenta TIC de autodiagnose cooperativa. Planificación de Mellora Cooperativa.

Ø       Intercooperación. Presentación da web de produtos e servizos.

 

Mar Pernas e Manuel P. Losada presentaron os resultados da Medida de Acción 1

Carlos Ares e Tino Gago expoñen os traballos desenvolvidos na Medida de Acción 2

Intercooperación, dimensionamento, diversificación cooperativa. Camiño da adaptabilidade aos cambios estruturais da economía”.

Coordinación GT 2: D. Carlos Ares de AGACA e D.Tino Gago de Federación de Redeiras.

Guía de Casos DINAMIZACIÓN COOPERATIVA..

Planificación e Xestión financeira Cooperativa”.

Coordinación GT 3: David Vila de AGACA e D. Lino Lema da Consellería de Pesca).

Ø       Ferramentas TIC de xestión Financeira. Modelo e Plans Viabilidade.

 

Lino Lema e David Vila achegaron os resultados do Grupo de Traballo adicado ao financiamento

Mario Fernández e Javier Ruiz falaron sobre un referencial para o cooperativismo sostible

Avances para a implantación dun Modelo Referencial para un Cooperativismo Sostible  

Coordinación GT 6: D. Mario Fernández de AGACA e D. Javier Ruíz Colab. Caixa Rural).

Manual e Ferramentas TIC de xestión

 

Mellora xerencial cooperativa: a formación a través das TICs”.

Coordinación GT 4 e 5: Dona Dolores Tobío Barreira; Dona Carmen García de AGACA e D. Ramón.C. Rodríguez de Sinerxía.

Ø       Plataforma de Teleformación Cooperativa.

Ø       Escola Cooperativa Móbil.

Collage feito coas fotografías das persoas beneficiarias nas diferentes estadías da Escola Cooperativa Móbil Nexus Rede

Dolores Tobío e Carlos Gómez, relator da Conferencia Final

 

“Perspectivas de desenvolvemento cooperativo no contorno económico actual.”

D. Carlos Gómez Oñate, Subdirector general de Economía Social del M.A.P.A.

Presenta Dona Dolores Tobio, Subdirectora xeral de Cooperativismo e Economía Social da Consellería de Traballo.



30 NOVEMBRO 2007 - SEMINARIO FINAL DE TRANSFERENCIA NEXUS REDE.
Prema aquí para acceder ao programa do Seminario Final
O próximo Venres 30, no Hotel Meliá - Torres de Compostela en Santiago de Compostela, celebrarase o Seminario Final de presentación de resultados e conclusións do proxecto Equal Nexus Rede, financiado polo F.S.E. . Persoas responsables e técnicas implicadas na execución do proxecto NEXUS REDE, explicarán as mellores prácticas do proxecto, entre elas:
  • Aplicacións informáticas de xestión para autodiagnose empresarial e elaboración de PLANS DE MELLORA COOPERATIVA, xestión da mellora e da CALIDADE COOPERATIVAS E RSC.
  • Manuais e Guías de DINAMIZACIÓN COOPERATIVA: mostra de casos cooperativos galegos de Diversificación, Dimensionamento e Intercooperación; Guía e Manual de FINANCIAMENTO,  para mellora da xestión e planificación cooperativa e o MODELO DE REFERENCIAL DE CALIDADE e xestión sostible cooperativa.
  • Módulos Formativos Dixitais elaborados específicamente para dar cobertura as necesidades de formación das Cooperativas Galegas a través da Teleformación Cooperativa Nexus Rede e manuais didácticos da actividade desde volvida pola Escola Cooperativa Móbil.
Para inscripcións poden dirixirse ate o día 27 de novembro ou ben as entidades socias AGACA, UGACOTA e SINERXIA, ou ao secretariado técnico Tel. 981 575 244.


 
XORNADAS DE INTERCOOPERACIÓN NEXUS-REDE: “AS REDEIRAS GALEGAS POR UN EMPREGO DIGNO E DE CALIDADE”
As Redeiras marcan uns obxectivos comúns para combatir o intrusismo e mellorar as súas condicións laborais.
Nas mesas de traballo, as mais de 160 asistentes acadaron uns obxectivos comúns que foron expostos por Constantino Gago, Técnico do Proxecto Equal Nexus Rede, e por Manuela Parada Rey, Vicepresidenta da Federación Galega de Redeiras. Para ver imaxes do Encontro de Redeiras prema aquí.
Vista xeral do salón no que se desenvolveron as Xornadas Mesa coa participación ( de dta. a esqu.) de Carme Adán (S.X.Igualdade), Dolores Villarino (Presidenta do Parlamento de Galicia) e Evangelina Martínez Sotelo (Presidenta da Federación de Redeiras) Vista xeral das persoas asistentes as mesas de traballo
 

A ESCOLA COOPERATIVA MÓBIL DO PROXECTO EQUAL NEXUS REDE INCLUÍDA NUN CATÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS EN ALFABETIZACIÓN TECNOLÓXICA.
O Proxecto Equal E-Micro, liderado polo Concello de Murcia, ten entre os seus obxectivos mellorar a organización e xestión das microempresas. Unha das actuacións realizadas con este fin é a adaptación aos cambios nos sistemas de xestión e avance da Sociedade da Información. Neste marco realizaron un "Estudio de Boas Prácticas", coa finalidade de aproveitar todo o potencial de transferencia das actividades de alfabetización tecnolóxica analizadas. No marco deste estudio contactouse cos 228 proxectos Equal aprobados en España, seleccionándose 6 deles como boas prácticas. 
Unha das boas prácticas recollidas é a Escola Cooperativa Móbil Nexus Rede. Considerada unha boa práctica porque contribue a rachar ca fenda tecnolóxica e democratizar o acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación, amais de poñer a disposición das cooperativas e empresas de economía social galegas unha ferramenta innovadora.(Prema  sobre a imaxe para descargar a Guía)
Guía de Boas Prácticas en Alfabetización Tecnolóxica. Proxecto Equal E-Micro


O PROXECTO EQUAL NEXUS REDE NO Vº CONGRESO GALEGO DE COOPERATIVAS
O venres 26 de outubro de 2007 desenvolveuse en Santiago a quinta edición do Congreso Galego de Cooperativas que baixo o lema "Afrontando os Retos" reuniu a mais de catrocentos cooperativistas de toda Galicia.
Nesta edición, o proxecto Nexus Rede estivo presente nun dos stands do Congreso e coa presenza da Escola Cooperativa Móbil que se desprazou ata Santiago para continuar a súa labor divulgativa.
stand do Proxecto Equal Nexus Rede no Vº Congreso Galego do Cooperativismo  Detalle da exposición do proxecto transnacional Equality no Vº Congreso Galego de Cooperativas


ÚLTIMOS CURSOS DA TELEFORMACIÓN COOPERATIVA NEXUS REDE
ACCEDA A DEMO DOS CURSOS:
Ábrese o prazo de matrícula para os últimos cursos da Teleformación Cooperativa Nexus Rede. Estes cursos pódense seguir, na modalidade de teleformación (formación a través de Internet con titoría personalizada), a través da Plataforma de Teleformación Nexus Rede.
Neste mes aínda pódense inscribir nos seguintes cursos:
Habilidades Sociais en Cooperativas e Entidades de Economía Social Avanzado 2ª edición: Neste módulo trátase desenvolver as habilidades directivas entre as persoas con cargo de responsabilidade nas cooperativas, con especial atención aos seguintes temas: solución de conflitos, dinámica de grupos e dirección de reunións.
Formación Cooperativa Nivel Básico 5ª edición: para coñecer as peculiaridades da organización social e empresarial destas entidades.
Habilidades Sociais en Cooperativas e Entidades de Economía Social I 4ª edición: para mellorar o manexo das habilidades cognitivas, emocionais, verbais que repercuten nunha mellora das condutas sociais.


13 DE XULLO DE 2007 ENCONTRO TRANSNACIONAL DO PROXECTO EQUALITY EN MACERATTA (ITALIA)
O día 13 de xullo tivo lugar o encontro no que os socios do proxecto transnacional Equality puxeron en común os avances do seu traballo na elaboración das Cláusulas Sociais. O encontro tivo unha sesión de Showcase, coa mostra das boas prácticas desenvolvidas nos proxectos Equalità (Italia), Mozemy (Polonia) e Nexus Rede (Galicia) e un laboratorio de traballo sobre a implatación de criterios de Responsabilidade Social.
foto das persoas participantes na xornada transnacional celebrada en Maceratta


ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA OS CURSOS DE TELEFORMACIÓN COOPERATIVA NEXUS REDE
No mes de xullo comezan a impartirse os cursos avanzados da Teleformación Cooperativa Nexus Rede. Estes cursos, impartidos na modalidade de aprendizaxe por internet con titoría persoalizada son gratuítos e están dirixidos as persoas socias e traballadoras das cooperativas e empresas de economía social de Galicia, e a tódalas persoas interesadas nestes ámbitos.
A oferta de novos cursos inclúe o curso de Formación Cooperativa en Xestión e Dirección e de Habilidades Sociais en Cooperativas e Empresas de Economía Social Avanzado.
Visite a Aula virtual Nexus Rede para obter mais información.


18,19 e 20/04/07 COOPERATIVAS GALEGAS, de LE MARCHE (ITALIA) E POLONIA debaten en Santiago sobre Calidade na Xestión Cooperativa e a RSC
O programa consta dun LABORATORIO de traballo, 18 de abril a partir das 10.15hs no C.E.Avanzados da USC. Ás 17hs no hall da Fac. de Económicas inaugurarase unha EXPOSICIÓN de boas prácticas, a continuación se celebrará unha CONFERENCIA maxistral a cargo do Prof. M. Botana. Durante os días 19 e 20 se realizarán reunións con cooperativas de Ourense, Santiago, Oleiros, Lorbé e Coruña, onde os nosos convidados poderán visitar á Escola Cooperativa Móvil NEXUS REDE.


29/03/07 O PLAN ESTRATÉXICO AGRARIO a debate na proxima xornada NEXUS REDE
No marco da xornada exporáse o resultado dos traballos desenvolvidos durante 2006 dende o Grupo de Traballo1, "Adaptabilidade e Consolidación Cooperativa..." e que deron como resultado a elaboración do Plan Estratéxico Sectorial. Ao debate asistirán, entre outros, o Conselleiro de Traballo, D.Ricardo Varela Sánchez; o Dtor.-Xerente de AGACA, D.Higinio Mougán e expertos convidados, como D. Antonio Cancelo Alonso, ex-presidente de Mondragón C.C. e D. Eduardo Baamonde, Director da Confederación de Cooperativas Agrarias, CCAE.


05/02/2007 PONSE EN MARCHA A TELEFORMACIÓN COOPERATIVA NEXUS REDE.
No mes de febreiro de 2007 comezarán a impartirse os cursos incluídos na primeira fase da Teleformación Cooperativa Nexus Rede. Estes cursos poderanse seguir a través da Plataforma de Teleformación Nexus Rede.  Xa está aberto o prazo de matrícula!! Para mais información, formacion.nexusrede@gmail.com ou tlfno: 981 957 749.
 VISITA A PLATAFORMA PREMENDO NO BANNER


 
18 DEC06 XORNADA DIVERSIFICACIÓN FORESTAL
Dende a entidade socia AGACA, e no marco da Acción 2 - NEXUS REDE. Dimensionamento e Diversificación, estás programadas unha serie de XORNADAS dirixidas a axentes do sector AGRARIO. O pasado 8 de novembro celebrouse en Lugo, a primeira xornada para divulgación de ferramentas TIC en apoio do dimensionamento agrario
A segunda celebrarase o próximo Luns, 18 de decembro a partir das 9.30hs, no Hotel Apostol de Santiago (saída Santiago-Norte, AP-9). A xornada ten como obxectivos informar, orientar e asesorar ás cooperativas agrarias que teñan interese en coñecer novas posibilidades de organización e diversificación da actividade, contribuíndo a sostenibilidade do medio ambiente rural e a mellora e competitividade dos servicios cooperativos. Para obter máis información teléfonos 981 584 911 - 981 584 783.

 



No Camiño da Adaptabilidade das Cooperativas e de outras entidades de economía social
O próximo xoves 14 de decembro de 2006 desenvolverase en Santiago de Compostela a Xornada de Transferencia do Proxecto Nexus Rede.
Os obxectivos desta Xornada son os de facer unha presentación pública de resultados parciais e boas prácticas desenvolvidas polo proxecto Equal Nexus Rede no período 2005-2006, cumprindo así co obxectivo recollido no seu plano de transferencia. A xornada diríxese a entidade, institucións, organismos e persoas vinculadas ao cooperativismo, a economía social e participantes en programas europeos.


 27,28 E 29 DE NOVEMBRO. Peche e conclusións Mesas Sectoriais Agrarias.                     Representantes do sector lácteo durante a reflexión estratéxica previa ás conclusións, celebrada en Santiago a finais de outubro           A mesa sectorial de carne de vacún analiza e debate o presente e o futuro do sector durante a celebración das reflexións estratéxicas acontecidas no pasado mes de outubro
Cooperativistas do sector agrario,  convocados por AGACA, reúnense no mes de novembro de 2006 para a elaboración de Plans Estratéxicos Sectorias, na procura dunha maior competitividade e adaptabilidade no ámbito agrario. Coas conclusións finais prepararase as liñas mestras que sirvan de referencia a todo o colectivo cooperativista e a Administración e como exposición das necesidades reais do sector.
Esta actividade enmárcase dentro das medidas de accións desenvolvidas no marco do Proxecto Nexus Rede, financiado polo Fondo Social Europeo, dentro da iniciativa comunitaria Equal II, no que AGACA é a entidade coordinadora da Agrupación de Desenvolvemento Nexus Rede.





    "NEXUS REDE proxecto financiado co Fondo Social Europeo para a mellora da capacitación e adaptabilidade das empresas cooperativas"

 

logo EQUAL Logo da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo Unión Europea - Fondo Social Europeo
EQUAL Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales Fondo Social Europeo

 
logo Nexus Rede NexusRede R/ Tomiño, 22. Entlo. 15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 584 783 Fax: 981 558 275 info@nexusrede.org
 
Novedades