PrimariaSecundariaF.P.

Páxina Principal
Ciclo 1 de Primaria
ESO
F.P.
Concursos
Zona do personaxe Coopi
Autores dos contidos

Créditos


JOSÉ TOMÁS
Guión e debuxos

Polas mañás lidia cos seus alumnos do IES Melide. Polas tardes ilustra libros, revistas, xornais. Da súa mente naceu Coopi, un ser que agrupa a varios individuos, con distintas aportacións a un ben común.

Ó principio todo estaba baixo o control do debuxante, pero agora este alieníxena escapóuselle das mans, e... pulula pola Internet!!

jtomasd@wanadoo.es
enlace web >

ORGE
Deseño da web
e animación

Orge semella un Dr Jekill e Mr Hyde. Profesor asociado da E.S. de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, transfórmase nun ser que deseña páxinas web e crea animacións para elas, así como para xogos didácticos en soporte dixital.

Ollo con el! É un grande afecionado á banda deseñada e ós videoxogos, e isto nótase na súa forma de traballar.

jlorge@uvigo.es
www.orge.biz

ARTURO IGLESIAS
Guión e
actividades cooperativistas

Hai dous feitos que marcan a creatividade de Arturo Iglesias: nacer cando o primeiro home saíu ao espazo, e estudar Pedagoxía en Santiago de Compostela baixo a choiva e o son da campá da Berenguela. Hoxe dá clase na especialidade de Servizos á Comunidade no IES Ánxel Casal da Coruña, e podemos dicir que é un animal didáctico: dádelle calquera cousa, e el inventará a maneira de ensinar co ela.

Consello Galego de CooperativasXunta de Galicia

Copyright 2008 | O Cooperativismo na Escola
www.cooperativasdegalicia.com/educacion